Versión para Móbil/Tablet.
Para ver todo o contido da web
fai click no ordenador -->


AVISO IMPORTANTE:

Debido ao virus Covid-19 e seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional toda a actividade lectiva de este centro, queda suspendida ata novo aviso.

ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE:

Instrucións do 27 de abril de 2020, sobre o desenvolvemento do terceiro trimestre.

Probas de Acceso:
toda a información das probas aquí


Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es



mércores, 3 de xuño de 2020

Cualificacións e Informes de avaliación final


A partir do día 5 de xuño estarán dispoñibles na plataforma de CentrosNet, as cualificacións e os informes de avaliación final.


martes, 2 de xuño de 2020

Probas de acceso: Datas





Toda a información actualizada 
no enlace das Probas de acceso:

domingo, 31 de maio de 2020

Probas de acceso: Aclaracións sobre a proba de 1º GP

Aclaracións da consellería sobre a resolución publicada recentemente sobre a realización das probas de acceso ao curso académico 2020/21 nos graos elemental e profesional das ensinanzas de música e de danza.

No texto se definen particularidades da Proba de Acceso ao 1º curso de grao profesional que se celebrará proximamente.

Probas de Acceso: Prazo de inscrición a 1º GP

O prazo de inscrición para a proba de acceso a 1º curso de Grao Profesional para o vindeiro curso 2020-21 será do 1 ao 10 de xuño de 2020 ambos os dous días inclusive.

A inscrición poderase facer de dous xeitos:  
  • Recollida e/ou entrega de documentación no exterior do centro (*):  Instrucións
(*) En ningún caso suporá o acceso do alumnado, familias e/ou titores legais ao interior do centro.

A proba celebrarase na segunda quincena de xuño.
As datas e a concreción da proba publicaranse nos próximos días.


Toda a información relevante das mesmas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


venres, 29 de maio de 2020

Probas de Acceso: Instruccións da Consellería

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a realización das probas de acceso ao curso académico 2020/21 nos graos elemental e profesional das ensinanzas de música e de danza:

Ver resolución

Próximamente publicaranse as datas e procedemento de inscrición e máis información.

luns, 18 de maio de 2020

Oferta provisional de prazas - Curso 2020-21



Curso 2020-21:


Notas: 
  • Comunicarase coa debida antelación o prazo de inscrición así como as datas de realización das mesmas.
  • No mes de setembro, e á resulta de vacantes que se puideran producir, comunicarase unha oferta de prazas comprementaria a esta, para coñecemento da comunidade educativa.

Linguaxe musical en confinamento

Os alumnos de linguaxe musical de 2º curso de grao profesional andiveron a experimentar coa música contemporánea e as novas grafías, e velaiquí o resultado... un fermoso recordo destas semanas de confinamento, na que a música fixo máis levadeiros os días.

Un día máis é un día menos para vernos.
Volveremos!.


xoves, 14 de maio de 2020

Solicitude de renuncia de matrícula

Ábrese o prazo para solicitar a renuncia de matrícula do presente curso 2019-20, ata o 27 de maio de 2020 (inclusive).

A solicitude poderá tramitarse:
  • Presencialmente na secretaría do centro (no horario de apertura da secretaría de 11 a 13 horas).

Recordamos tamén a Aclaración sobre a renuncia de matrícula que xa se publicou no seu día.

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2020-21, nos días do 8 ao 12 de xuño de 2020 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.

A solicitude poderá tramitarse:
  • Presencialmente na secretaría do centro (no horario de apertura da secretaría de 11 a 13 horas).

Deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Adaptacións das Programacións Didácticas


Seguindo ás Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procédese a publicar as seguintes Adaptacións das Programacións Didácticas.

Atópanse xunto ás Programacións de cada materia na seguinte carpeta:


(*) Na web pódese atopar esta carpeta a través de Menú > Alumnado > Documentación. Elixa o departamento e a materia para chegar á documentación. Tamén se pode acceder a través de Menú > Departamentos.

xoves, 7 de maio de 2020

Información sobre a renuncia de matrícula

Aqueles alumnos que desexen realizar unha renuncia de matrícula deberán efectuala con anterioridade á celebración da avaliación final e ter en conta o seguinte:



Criterios para a obtención do Premio fin de grao


Debido á imposibilidade de levar a cabo probas para a concesión do premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música durante o presente curso 2019/20 infórmase dos criterios para a obtención do mesmo:

venres, 1 de maio de 2020

Últimas novidades de interese

Con data de 27 de abril, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia publica as seguintes instrucións:


Calquera dúbida ou xestión administrativa farase a través do correo electrónico:  cmus.lugo@edu.xunta.es

A medida que se teña información nova en relación a prazos, inscricións, matrículas etc, irase publicando nesta páxina web.

luns, 27 de abril de 2020

Conmemoración do día Internacional do Libro

O pasado 23 de abril foi o Día Internacional do Libro. Aínda con retraso e para conmemorar esa data temos eiquí unha informal aportación da Biblioteca do CMUS:



luns, 20 de abril de 2020

Doce sono de Xoán Montes

Con motivo da conmemoración do 180 aniversario do nacemento de Xóan Montes o pasado 13 de abril, O noso profesor Borja Durán recorda esta data coa interpretación da peza "Doce sono" que levara o primeiro premio nun certame musical celebrado en Pontevedra en 1892.

venres, 17 de abril de 2020

Ensemble de clarinetes desde a casa!!!

Nestes días atípicos os membros do ensemble de clarinetes do CMUS Xoán Montes de Lugo, xa que polos motivos que todos coñecemos non poden xuntarse presencialmente, pensaron en facelo virtualmente e deciron gravar cada un deles desde a súa casa a banda sonora da película Gladiator para poder tocala todos xuntos.

Moita saúde e ánimo a tod@s!!!



Podedes ver tamén a noticia orixinal no seu blog:
http://aulaclarinetelugo.blogspot.com/2020/04/ensemble-dende-casa.html

sábado, 4 de abril de 2020

Recordatorio de acceso a CentrosNet

Recórdase aos alumnos, pais, nais e titores legais que poden ver as cualificacións a través da plataforma CentrosNet.

Para poder acceder a mesma deben seguir as instrucións da Guía de Utilización de CentrosNet que está dispoñible na columna dereita da web do centro:



Calquera incidencia no acceso pode ser remitida a tic@cmusxoanmonteslugo.edu.es.

venres, 27 de marzo de 2020

¡Biblioteca en cuarentena!

Saudo á comunidade escolar do CMUS Xoán Montes de Lugo durante o confinamento causado pola pandemia do COVID-19, polo noso Coordinador da Biblioteca Borja Durán.

xoves, 12 de marzo de 2020

Suspensión das clases



   AVISO IMPORTANTE:   


Seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan suspendidas as actividades lectivas a partir do luns día 16 de marzo durante 14 días.

Calquera información de interese posterior a esta, será publicada no seu momento, para coñecemento da comunidade educativa.

Aviso importante: Medidas preventivas



   AVISO IMPORTANTE:   


Medidas preventivas adoptadas por este centro debido ao coronavirus e ata novo aviso:

  • TODAS AS AUDICIÓNS QUEDAN CANCELADAS. A partir de hoxe xoves 12 de marzo de 2020.
  • A partir de mañá venres 13 de marzo SUSPÉNDENSE OS SERVIZOS de:
    • BIBLIOTECA
    • PRÉSTAMO DE AULAS E CABINAS DE ESTUDO

Lamentamos as molestias.
A dirección do centro.


mércores, 11 de marzo de 2020

venres, 28 de febreiro de 2020

venres, 21 de febreiro de 2020

martes, 18 de febreiro de 2020

Actividade do concerto do pianista Giorgi Gigashvili

O mércores, 4 de marzo de 2020 ás 20:00h o pianista GIORGI GIGASHVILI (gañador do Concurso internacional de piano Cidade de Vigo) ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo.

O programa do concerto é o seguinte: 
  • F. Chopin: Nocturno Op. 55, nº 2 e Mazurkas Op. 30 
  • R. Schumann: Fantasía Op. 17 en Re maior.
  • A. Scriabin: Sonata nº 3 en fa# menor. 
  • D. Shostakóvich: Preludio e Fuga nº 24 en re menor. 

O Departamento de Tecla organiza unha actividade para a asistencia en grupo a dito concerto dos alumnos que estean interesados.

Para máis información e inscricións:


(con autorización)


A entrada ao concerto é de balde por xentileza da Sociedade Filarmónica de Lugo que ten subscrito un convenio de colaboración co noso Conservatorio.



venres, 14 de febreiro de 2020

mércores, 5 de febreiro de 2020

Premiados no Concurso de Solistas

O xurado do XIV Concurso de Solistas para orquestra e banda do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, recoñece a todos os participantes o seu esforzo e interese, e acorda nomear os seguintes premiados;

APARTADO DE  BANDA:

Gañador: Xurxo Morales Varela (5º GP Saxofón)

Mención especial neste apartado a Uxía Sierra Rouco (5º GP Clarinete)


APARTADO DE ORQUESTRA  DE CORDA:

Gañador: Lucas Santos Fernández (5º GP Frauta)



martes, 4 de febreiro de 2020

Probas de acceso: Prazos de inscrición

Prazos de inscrición para as Probas de Acceso ao curso 2020-21:


nota: son válidos ambos os dous días inclusive.


As datas das probas publicaranse próximamente.
A documentación das Probas actualizarase próximamente.
Toda a información relevante das mesmas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


martes, 28 de xaneiro de 2020

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Proxecto Erasmus: visita ao Conservatorio de Braga

Entre os días 27 e 31 de Xaneiro, os nosos profesores Borja Durán e Paula Bereijo visitarán o Conservatorio C. Gulbenkian de Braga dentro do actual Proxecto Erasmus que estamos a levar a cabo.


Si queredes seguir a súa visita en directo, podedes facelo a través do espazo de Programas Europeos do noso conservatorio ou a través das seguintes redes sociais:

Instagram (na conta de Programas Europeos do CMUS) 

Twiter (na conta de trazo baixo):
https://twitter.com/trazo_baixo


mércores, 8 de xaneiro de 2020

Actividade "Orquestra Barroca Vigo 430"

O sábado, 25 de xaneiro de 2020, a Orquestra Barroca Vigo 430 ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo coa participación do solista de óboe e frauta de pico Pedro Castro; así coma da soprano Magna Ferreira. O programa do concerto é o seguinte:

  • A. Marcello: Concerto para óboe e orquestra en re menor
  • J. S. Bach: Cantata Weichet nur, betrübte Schatten BWV 202
  • G. Ph. Telemann: Suite para frauta e orquestra en la menor (frauta de pico)
  • J. S. Bach: Cantata Ich bin vergnügt mit meinem Glücke BWV 84




O Departamento de Vento-Madeira organiza unha actividade para a asistencia en grupo a dito concerto dos alumnos que estean interesados.

Os interesados deberán entregar a inscrición na conserxería do centro ata o mércores 22 de xaneiro de 2020