• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o domingo, 27 de decembro de 2020:

Concerto de nadal da orquestra infantil virtual

Pois velaquí a primeira aparición da Orquestra Infantil Virtual do Cmus Xoán Montes de Lugo do curso 2020/21. E dicimos primeira porque estamos convencidos de que non será a derradeira.

Aproveitamos que xa estamos en pleno período vacacional para desexarvos a todos unhas moi felices festas cun miniconcerto de dous coñecidas panxoliñas.


   


Recordámosvos a todos os que queiran participar nos vindeiros concertos que simplemente teñen que enviar un email á dirección: orquestra.infantil.virtual@cmusxoanmonteslugo.edu.es e os nenos/as serán agregados/as á aula da orquestra en classroom.

Boas e saudables festas.


Publicado o martes, 22 de decembro de 2020:

De parola

Presentamos unha nova actividade de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes: "De parola", que é un espazo no que se farán entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.


Nesta primeira parola, contamos coa colaboración de Alberto García-Basteiro, notable epidemiólogo que á súa vez ten estudos profesionais de piano.

Esperamos que vos sexa de interese e gocedes dela.

Boas festas!!


Día non lectivo e horario durante o Nadal

As vacacións de Nadal abranguerán entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, estes dous incluídos. 

O venres 8 foi o día escollido este curso polo centro como día non lectivo polo que a actividade docente retomarase o luns 11.


Por outra banda, en canto ao calendario e máis horario de apertura do centro, o conservatorio permanecerá aberto os días 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro entre as 09:30 e as 13:00.


Publicado o mércores, 16 de decembro de 2020:

Resultado do concurso de relatos


Xa temos os nomes dos gañadores do noso concurso para homenaxear a Beethoven no seu 250 cumpreanos.


Graciñas a Antía Rodríguez, Isabella de Vettori, Ana Herráiz, Iago Rodríguez, Pablo Coria e Roberto Bienvenido Lara por participar.


Publicado o mércores, 9 de decembro de 2020:

Votación dos microrelatos

 


Xa están no Instagram da Biblioteca todos os microrrelatos participantes no noso concurso, coa música de Beethoven na que foron inspirados.
Podes votar dándolle un "like" aos que máis che gusten ata o 16 de Decembro ás 14:00 horas!!

Os que non teñades Instagram, podedes velos igualmente a través deste enlace: Acceso sin Instagram


Publicado o xoves, 3 de decembro de 2020:

Colabora co nadal do CMUS


Colabora este nadal co teu adorno feito cun material de refugallo para o abeto do conservatorio.

Tódolos participantes terán un agasallo!

Imos entre todos encher de ledicia o entorno do noso centro.

ANPA do CMUS Xoan Montes.