Non era difícil prever unha celebración de Santa Icía alterada tamén e dalgún xeito polo contexto actual neste outono de 2020. Este curso non atoparemos na programación do mes de novembro o convencional concerto entorno ao día 22, así que, onde o pensado non pode ser, se cadra o repensado si que pode.
Desta maneira, hoxe publicamos a nosa canle en YouTube, plataforma que é case unha obriga para un centro de ensinanzas artísticas. E comezamos a nosa actividade cunha primeira lista de reprodución adicada a celebración de Santa Icía cuxo contido foi achegado polo noso alumnado e profesorado.
Con todo, e como non queremos deixar en cero o contador de actividades presenciais, mañá durante a tarde están previstas algunhas actuacións que mudarán en música eses intervalos de tempo que adicamos entre sesión e sesión a que o aire circule polo edificio.
Deixamos nesta publicación o vídeo que introduce esta lista de reprodución adicada á celebración de Santa Icía.