Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es


Publicado o martes, 24 de novembro de 2020:

Publicado o luns, 23 de novembro de 2020:

Solicitude de espazos do CMUS para membros da nosa Comunidade Educativa


Debido á situación sanitaria que estamos a vivir, durante este curso académico, as cabinas de estudo están inhabilitadas agás para o alumnado de percusión. O resto de alumnado ou profesorado que necesite un espazo para estudar derivado de circunstancias extraordinarias é necesario que o solicite a través do seguinte formulario:

Solicitude de espazo.


Debido tamén a esta situación sanitaria e ás restricións impostas na nosa cidade dende hai varias semanas,  hai membros da comunidade educativa que se viron afectados co peche da restauración e que non teñen un lugar interior no que levar a cabo o xantar. Por este motivo, o centro vai a dispoñer un lugar para isto sendo entón necesario que as persoas que o precisen cubran o seguinte formulario:


O equipo directivo valorará a necesidade e dispoñibilidade de cada un dos espazos solicitados achegando unha resposta individualizada a cada unha das peticións.


Publicado o domingo, 22 de novembro de 2020:

Santa Icía 2020

Non era difícil prever unha celebración de Santa Icía alterada tamén e dalgún xeito polo contexto actual neste outono de 2020. Este curso non atoparemos na programación do mes de novembro o convencional concerto entorno ao día 22, así que, onde o pensado non pode ser, se cadra o repensado si que pode.

Desta maneira, hoxe publicamos a nosa canle en YouTube, plataforma que é case unha obriga para un centro de ensinanzas artísticas. E comezamos a nosa actividade cunha primeira lista de reprodución adicada a celebración de Santa Icía cuxo contido foi achegado polo noso alumnado e profesorado.

Con todo, e como non queremos deixar en cero o contador de actividades presenciais, mañá durante a tarde están previstas algunhas actuacións que mudarán en música eses intervalos de tempo que adicamos entre sesión e sesión a que o aire circule polo edificio.

Deixamos nesta publicación o vídeo que introduce esta lista de reprodución adicada á celebración de Santa Icía.


Publicado o xoves, 12 de novembro de 2020:

Actualización da documentación COVID-19 do centro

Achegamos unha actualización do Plan de adaptación á situación COVID-19 e publicamos o Plan de continxencia recollendo este as medidas para afrontar os diferentes escenarios en canto á ensinanza: presencial, semi-presencial e non presencial.

Plan de adaptación á situación COVID-19

Plan de continxencia

Publicado o luns, 9 de novembro de 2020:

Publicado o xoves, 5 de novembro de 2020:

Orquestra infantil virtual

Este ano, a orquestra infantil será virtual. Se estás interesado/a en participar, envía un correo a:

Publicado o mércores, 4 de novembro de 2020:

Concurso de microrrelatos inspirados en Beethoven

A Biblioteca do CMUS Xoán Montes organizou un concurso de microrrelatos para homenaxear ó compositor Ludwig van Beethoven no seu 250 cumpreanos. Para ler as bases do concurso podes pinchar neste enlace ou tamén no mesmo cartaz onde podes atopar toda a info. 

Anímate a participar!!!