• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 28 de xaneiro de 2020:

Publicado o xoves, 23 de xaneiro de 2020:

Proxecto Erasmus: visita ao Conservatorio de Braga

Entre os días 27 e 31 de Xaneiro, os nosos profesores Borja Durán e Paula Bereijo visitarán o Conservatorio C. Gulbenkian de Braga dentro do actual Proxecto Erasmus que estamos a levar a cabo.


Si queredes seguir a súa visita en directo, podedes facelo a través do espazo de Programas Europeos do noso conservatorio ou a través das seguintes redes sociais:

Instagram (na conta de Programas Europeos do CMUS) 

Twiter (na conta de trazo baixo):
https://twitter.com/trazo_baixo


Publicado o venres, 17 de xaneiro de 2020:

Publicado o mércores, 8 de xaneiro de 2020:

Actividade "Orquestra Barroca Vigo 430"

O sábado, 25 de xaneiro de 2020, a Orquestra Barroca Vigo 430 ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo coa participación do solista de óboe e frauta de pico Pedro Castro; así coma da soprano Magna Ferreira. O programa do concerto é o seguinte:

  • A. Marcello: Concerto para óboe e orquestra en re menor
  • J. S. Bach: Cantata Weichet nur, betrübte Schatten BWV 202
  • G. Ph. Telemann: Suite para frauta e orquestra en la menor (frauta de pico)
  • J. S. Bach: Cantata Ich bin vergnügt mit meinem Glücke BWV 84




O Departamento de Vento-Madeira organiza unha actividade para a asistencia en grupo a dito concerto dos alumnos que estean interesados.

Os interesados deberán entregar a inscrición na conserxería do centro ata o mércores 22 de xaneiro de 2020