• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o domingo, 27 de decembro de 2020:

Concerto de nadal da orquestra infantil virtual

Pois velaquí a primeira aparición da Orquestra Infantil Virtual do Cmus Xoán Montes de Lugo do curso 2020/21. E dicimos primeira porque estamos convencidos de que non será a derradeira.

Aproveitamos que xa estamos en pleno período vacacional para desexarvos a todos unhas moi felices festas cun miniconcerto de dous coñecidas panxoliñas.


   


Recordámosvos a todos os que queiran participar nos vindeiros concertos que simplemente teñen que enviar un email á dirección: orquestra.infantil.virtual@cmusxoanmonteslugo.edu.es e os nenos/as serán agregados/as á aula da orquestra en classroom.

Boas e saudables festas.


Publicado o martes, 22 de decembro de 2020:

De parola

Presentamos unha nova actividade de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes: "De parola", que é un espazo no que se farán entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.


Nesta primeira parola, contamos coa colaboración de Alberto García-Basteiro, notable epidemiólogo que á súa vez ten estudos profesionais de piano.

Esperamos que vos sexa de interese e gocedes dela.

Boas festas!!


Día non lectivo e horario durante o Nadal

As vacacións de Nadal abranguerán entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, estes dous incluídos. 

O venres 8 foi o día escollido este curso polo centro como día non lectivo polo que a actividade docente retomarase o luns 11.


Por outra banda, en canto ao calendario e máis horario de apertura do centro, o conservatorio permanecerá aberto os días 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro entre as 09:30 e as 13:00.


Publicado o mércores, 16 de decembro de 2020:

Resultado do concurso de relatos


Xa temos os nomes dos gañadores do noso concurso para homenaxear a Beethoven no seu 250 cumpreanos.


Graciñas a Antía Rodríguez, Isabella de Vettori, Ana Herráiz, Iago Rodríguez, Pablo Coria e Roberto Bienvenido Lara por participar.


Publicado o mércores, 9 de decembro de 2020:

Votación dos microrelatos

 


Xa están no Instagram da Biblioteca todos os microrrelatos participantes no noso concurso, coa música de Beethoven na que foron inspirados.
Podes votar dándolle un "like" aos que máis che gusten ata o 16 de Decembro ás 14:00 horas!!

Os que non teñades Instagram, podedes velos igualmente a través deste enlace: Acceso sin Instagram


Publicado o xoves, 3 de decembro de 2020:

Colabora co nadal do CMUS


Colabora este nadal co teu adorno feito cun material de refugallo para o abeto do conservatorio.

Tódolos participantes terán un agasallo!

Imos entre todos encher de ledicia o entorno do noso centro.

ANPA do CMUS Xoan Montes.


Publicado o martes, 24 de novembro de 2020:

Publicado o luns, 23 de novembro de 2020:

Solicitude de espazos do CMUS para membros da nosa Comunidade Educativa


Debido á situación sanitaria que estamos a vivir, durante este curso académico, as cabinas de estudo están inhabilitadas agás para o alumnado de percusión. O resto de alumnado ou profesorado que necesite un espazo para estudar derivado de circunstancias extraordinarias é necesario que o solicite a través do seguinte formulario:

Solicitude de espazo.


Debido tamén a esta situación sanitaria e ás restricións impostas na nosa cidade dende hai varias semanas,  hai membros da comunidade educativa que se viron afectados co peche da restauración e que non teñen un lugar interior no que levar a cabo o xantar. Por este motivo, o centro vai a dispoñer un lugar para isto sendo entón necesario que as persoas que o precisen cubran o seguinte formulario:


O equipo directivo valorará a necesidade e dispoñibilidade de cada un dos espazos solicitados achegando unha resposta individualizada a cada unha das peticións.


Publicado o domingo, 22 de novembro de 2020:

Santa Icía 2020

Non era difícil prever unha celebración de Santa Icía alterada tamén e dalgún xeito polo contexto actual neste outono de 2020. Este curso non atoparemos na programación do mes de novembro o convencional concerto entorno ao día 22, así que, onde o pensado non pode ser, se cadra o repensado si que pode.

Desta maneira, hoxe publicamos a nosa canle en YouTube, plataforma que é case unha obriga para un centro de ensinanzas artísticas. E comezamos a nosa actividade cunha primeira lista de reprodución adicada a celebración de Santa Icía cuxo contido foi achegado polo noso alumnado e profesorado.

Con todo, e como non queremos deixar en cero o contador de actividades presenciais, mañá durante a tarde están previstas algunhas actuacións que mudarán en música eses intervalos de tempo que adicamos entre sesión e sesión a que o aire circule polo edificio.

Deixamos nesta publicación o vídeo que introduce esta lista de reprodución adicada á celebración de Santa Icía.


Publicado o xoves, 12 de novembro de 2020:

Actualización da documentación COVID-19 do centro

Achegamos unha actualización do Plan de adaptación á situación COVID-19 e publicamos o Plan de continxencia recollendo este as medidas para afrontar os diferentes escenarios en canto á ensinanza: presencial, semi-presencial e non presencial.

Plan de adaptación á situación COVID-19

Plan de continxencia

Publicado o luns, 9 de novembro de 2020:

Publicado o xoves, 5 de novembro de 2020:

Orquestra infantil virtual

Este ano, a orquestra infantil será virtual. Se estás interesado/a en participar, envía un correo a:

Publicado o mércores, 4 de novembro de 2020:

Concurso de microrrelatos inspirados en Beethoven

A Biblioteca do CMUS Xoán Montes organizou un concurso de microrrelatos para homenaxear ó compositor Ludwig van Beethoven no seu 250 cumpreanos. Para ler as bases do concurso podes pinchar neste enlace ou tamén no mesmo cartaz onde podes atopar toda a info. 

Anímate a participar!!!


Publicado o venres, 30 de outubro de 2020:

Ricardo Carvalho Calero - Día das Letras Galegas 2020

Debido á situación epidemiolóxica, a RAG atrasou a celebración do Día das Letras Galegas ao 31 de Outubro.

Se vós tamén queredes conmemorar esta data, tedes á vosa disposición unha boa selección de recursos relacionados co autor homenaxeado, entre eles o que nos fala da relación que tiña Carvalho Calero coa música.

Podes acceder no seguinte enlace:

Carvalho Calero e a Música

Publicado o martes, 27 de outubro de 2020:

Publicado o venres, 23 de outubro de 2020:

Contas institucionais do alumnado: Google Suite para Centros Educativos

Prezadas familias.

Este curso 2020-2021 o centro ten prevista a incorporación da plataforma educativa G.Suite para Centros Educativos de Google como recurso para achegar ferramentas dixitais á nosa práctica docente e dotar dun contorno virtual no que poder desenvolver unha ensinanza remota indispensable na actual situación sanitaria.


G.Suite, que está mudando a súa denominación por Google Workspace, aporta un conxunto de ferramentas dixitais que inclúe o xestor de correo electrónico Gmail, o de eventos Calendar, Meet como recurso para desenvolver videoconferencias, o servizo de almacenamento Drive, Chat como recurso de mensaxería instantánea e, como aplicación relevante, a creación de aulas virtuais a través de Classroom. A salientable vantaxe desta suite que ofrece Google aos centros educativos é a integración de todas as súas aplicacións ademais da notable experiencia de usuario e a constante actualización da plataforma.


A incorporación de G.Suite no noso centro e o emprego das súas aplicacións polo profesorado e alumnado precisa da participación deste último como integrante da plataforma empregando a correspondente conta de usuario creada a propósito. Desta maneira, e despois da necesaria aceptación por parte de cada familia, cada alumno e alumna do centro poderá dispor dunha conta de usuario coa que interactuará nas aulas virtuais do centro e manexará as diferentes aplicacións da plataforma. Nesta conta figurará o nome e apelidos da persoa seguido do dominio @cmusxoanmonteslugo.edu.es. Cómpre sinalar que esta conta soamente será empregada no contexto académico do conservatorio e para as diferentes interaccións de carácter didáctico.


Para poder utilizar e disfrutar dos servizos da plataforma G.Suite, os usuarios deben coñecer e aceptar a:


Política de uso das contas G.Suite do CMUS Xoán Montes


A aceptación da participación en G.Suite por parte das familias á que facíamos referencia no párrafo anterior, precisa da sinatura do Acordo de conformidade coa política de uso de contas G.Suite. A partir de hoxe venres é posible achegarse á conserxería do conservatorio e asinar este acordo.


No caso do alumnado maior de 14 anos será o propio alumno ou alumna quen asine o documento de conformidade. En canto aos menores de 14 anos será a nai, pai ou titor legal quen leve a cabo esta acción. A entrega dos datos de acceso da conta será presencial na conserxería.


Cómpre engadir que aproveitando esta visita ao centro será posible asinar ao mesmo tempo a autorización sobre o uso da imaxe do alumnado, a declaración responsable COVID-19 e cubrir unha enquisa TIC.


Pode revisar estes documentos nas seguintes ligazóns:

Agardamos que, ao marxe da actual situación sanitaria e os seus requirimentos en canto á ensinanza telemática, a incorporación destes recursos dixitais achegue unha mellora útil á nosa práctica docente e ao noso centro como institución académica.
Un saúdo. O equipo directivo

Publicado o xoves, 22 de outubro de 2020:

Nota informativa sobre os casos de positivo na covid no centro

Prezadas familias.

Despois da natural propagación de información acerca dos primeiros casos positivos en covid no noso centro, aprema unha comunicación á comunidade educativa para aclarar este novo contexto.

Como xa teredes escoitado, producíronse xa os primeiros casos de positivo en covid no centro. O primeiro que cómpre dicir é que cada un dos casos, os que xa se produciron e os que poidan producirse, son tratados de xeito particular pola Xefatura Territorial de Sanidade e máis por nós para concretar as medidas precisas a tomar. En todo caso, calquera decisión sobre as medidas a tratar será tomada sempre e soamente polas autoridades sanitarias sen a nosa intervención, por outra parte, como corresponde.

É preciso apuntar que, respecto ás medidas a tomar a partir da detección dun positivo, estas poden ser moi diferentes en casos, para os non profesionais, aparentemente semellantes. Resulta posible que un grupo deba illarse no seu conxunto ou nunha parte, ou que soamente sexa obxecto, tamén no seu conxunto ou nunha parte, dun cribado e dunha proba como medida de precaución.

Se as autoridades sanitarias encargadas de valorar os casos positivos nos centros educativos deciden calquera das combinacións en canto ás medidas, por exemplo proba pero non corentena, non corresponde máis acción nin maior consideración.

A corentena dunha persoa debe producirse soamente cando así o indiquen as autoridades sanitarias competentes respecto á covid e os centros educativos. Procurando unha reiteración necesaria neste caso, insistimos en que as medidas determinadas para os casos dados no centro forman parte das medidas previstas en estas situacións. Será posible, polo tanto, que as medidas adoptadas sexan un cribado cunha proba, sen corentena, de tratarse dunha consideración de baixo risco e non sospeita de contaxio, e todo, soamente, como unha precaución.

Cómpre engadir respecto á información achegada á comunidade educativa, que esta será sempre a necesaria e adecuada a cada caso sendo diferente o grao de información proporcionada ás persoas afectadas, profesorado, alumnado e familias dos grupos, que ao resto da comunidade. 

Diante de calquera dúbida ou inquedanza ao respecto de todo este asunto consultade sen vacilar ao equipo covid ou ao equipo directivo.

Un saúdo.

A dirección.

Publicado o martes, 20 de outubro de 2020:

Comezo das clases de Historia da Música

Xa temos nova profesora de Historia da Música: Alba Flete Giraldo

As clases comezan hoxe día 20 de outubro. 

Publicado o xoves, 15 de outubro de 2020:

Publicación de grupos e horarios de Conxunto e Música de cámara

Grupos e horarios das materias de Conxunto e Música de cámara do curso 2020-2021

Horarios Conxunto e Música de cámara

Publicado o martes, 13 de outubro de 2020:

Plan covid

Achegamos o plan covid nunha primeira versión básica para comezar a docencia neste curso. No documento precísase o equipo covid, o acceso ao edificio, o desenvolvemento das diferentes materias ou a xestión de gromos. Esperamos actualizar o plan segundo a concreción aínda pendente dunha parte do horario e máis dalgúns aspectos, sen dúbida, necesarios no documento.

Plan covid 2020-2021, versión do 13 de outubro

Aprazamento do comezo das clases nas materias de Historia de música e Musicoloxía

Agardando a adxudicación do profesor ou profesora de Historia da Música e Musicoloxía, aprázase polo momento o comezo das clases destas dúas materias.

Actualización de grupos de materias colectivas co profesorado adxudicado

Achéganse as listaxes das diferentes materias colectivas do grao elemental e profesional, agás a materia de Historia da Música, Musicoloxía e as agrupacións, co seu profesorado adxudicado.

Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Harmonía

Novas tecnoloxías aplicadas á música

Análise

Composición

Interpretación

Improvisación

Iniciación ao Jazz

Música tradicional galega

Actualización dos horarios de Harmonía e Música tradicional galega

Actualización dos horarios das materias de Harmonía e máis Música tradicional galega.

O grupo E da materia de Harmonía no terceiro curso do grao profesional modifica o día e máis o espazo sendo agora os Venres, de 18:00 a 20:00, na aula 2.4.

O grupo B da materia optativa de Música tradicional galega modifica o seu horario que será os xoves de 19:00 a 20:00. Ámbolos dous grupos da materia terán como espazo a aula B.4

Harmonía, horarios

Música tradicional galega, horarios

Horarios da materia de Música tradicional galega

Grupos e horarios da materia optativa Música tradicional galega.


Música tradicional galega, horarios

Publicado o venres, 9 de outubro de 2020:

Novo acceso ao calendario informativo do centro:

Pódese acceder a toda a información actualizada no enlace da esquerda da web:Si o desexa pódese integrar co seu calendario de google a través do enlace que hai abaixo do mesmo:

Publicado o xoves, 8 de outubro de 2020:

Nota aclaratoria

Ante a confusión provocada na comunidade educativa polo aprazamento do comezo das clases, a precipitación agora de toda a secuencia de publicacións e adxudicación de horarios co obxecto de poñer a camiñar a actividade lectiva, e, de maneira engadida, a modificación do habitual procedemento de publicación e escolla presencial de horarios respecto a pasados cursos, cómpre a correspondente aclaración.

Neste curso o profesorado xestionará a adxudicación de horarios a partir das preferencias horarias achegadas polas familias.

Finalmente, e a pesar da inxente inversión de tempo e esforzos, resulta indispensable levar a cabo un comezo graduado da actividade docente. Desta maneira, o martes 13 comezarán as materias colectivas e agrupacións, o xoves a Música de cámara e máis o Conxunto, e o luns 19 a docencia individual de instrumento, o piano complementario e a Repentización e acompañamento.

Ao mesmo tempo, e durante as datas de adxudicación de horarios establecidas no calendario de presentacións, publicación de horarios e comezo das clases, o profesorado correspondente comunicarase co seu alumnado co obxecto de concretar, de ser o caso, o seu horario.

Un saúdo,

A dirección.

Publicado o luns, 5 de outubro de 2020:

Horarios das agrupacións, repentización e acompañamento e optativas.

Achéganse os grupos e horarios das materias correspondentes ás materias de Banda, Coro, Orquestra, Conxunto das especialidades de vento e máis de percusión, Repentización e acompañamento do alumando de piano, e as optativas de Educación auditiva e Iniciación ao Jazz.

Cómpre sinalar que este curso levamos a cabo unha reordenación das materias de Banda e Conxunto no caso desta última respecto ao alumnado de especialidades de vento e percusión. O obxecto é agrupar no horario estas dúas materias considerando a semellanza das formacións en canto ao número dos seus integrantes e despois da súa redución a causa da necesidade de respectar a distancia interpersoal de tres metros.

É preciso apuntar que, no caso das materias Orquestra e Banda máis Conxunto, aínda que o horario recolle unha duración de dúas horas, trinta minutos empregaranse para as tarefas de montaxe, limpeza e desmontaxe dos instrumentos respectando así o tempo de noventa minutos establecido polo currículo.

Mañá está prevista a publicación dos horarios da materia de Repentización e acompañamento correspondente ás especialidades de Guitarra e Acordeón.

Banda/Conxunto

Coro

Orquestra

Repentización e acompañamento (alumnado de piano)

Iniciación ao Jazz

Educación auditiva


Publicado o venres, 2 de outubro de 2020:

Horarios de Harmonía, Historia da música, Análise, etc.

Achegamos os grupos e horarios das materias de Harmonía, Historia da música, Análise, etc. correspondentes ao grao profesional e a este curso 2020-2021. Aprázase a mañá sábado a publicación prevista para hoxe do resto de materias.

Harmonía

Novas tecnoloxías aplicadas á música

Historia da música

Análise

Composición

Interpretación

Musicoloxía

Pedagoxía

Improvisación

Técnicas de composición aplicadas á didáctica


Formulario para a elaboración dos horarios individuais

Debido ás particulares circunstancias sanitarias que obrigan a atender tempos e espazos cun especial rigor e a dispersión horaria das nosas ensinanzas a causa da marcha de parte dos bacharelatos da cidade á xornada de tarde, precisamos coñecer de maneira moi concreta as preferencias e circunstancias horarias do alumnado e que estas, ademais, estean na maior medida posible actualizadas. Por esta razón pregamos ás familias que cubran de novo un formulario moi semellante ao achegado no momento de formalizar a matrícula.

Ao respecto deste formulario, é indispensable actuar de maneira concienciuda e recoller todas as franxas horarias nas que resulta posible asistir a clase no conservatorio co fin de facer máis doada a acomodación da docencia respecto ás necesidades e preferencias das familias.

Este formulario permanecerá aberto ata o vindeiro mércores ás 14:00

Formulario para a elaboración dos horarios

Publicado o xoves, 1 de outubro de 2020:

Calendario de sesións de acollemento, presentacións, publicación de horarios e comezo das clases

Prezadas familias.


Achegamos o calendario de sesións de acollemento do alumnado do primeiro curso do grao elemental, presentacións das diferentes especialidades instrumentais, publicación de horarios e comezo das clases.

Mañá venres ás 20:00 esperamos publicar os horarios das materias colectivas como Harmonía, Historia da Música, Análise, agrupacións, etc., e máis un formulario, semellante ao que foi preciso cubrir no momento de formalizar a matrícula, co obxecto de actualizar as vosas preferencias respecto ao horario para elaborar despois os horarios das materias individuais.

O vindeiro martes 6 están previstas as xuntanzas co alumnado do primeiro curso do grao elemental para a debida sesión de acollemento presencial no centro.

O xoves 8 e máis o venres 9 pola tarde programamos as presentacións telemáticas das diferentes especialidades.

O venres 9 ás 20:00 publicaremos os horarios das materias individuais e máis a de Conxunto nas especialidades non vencelladas a Banda.

Non lle teño moito aprecio ás escusas, así que soamente cabe pedir desculpas pola inquedanza na que estaredes respecto, sobre todo, á posibilidade de simultanear toda a actividade dos vosos fillos e fillas, e as molestias e consecuencias deste nunca desexado adiamento de comunicación de información e de comezo da actividade. Durante o mes de xullo traballouse a prol dunha achega de horarios ás familias aínda máis adiantada respecto á do ano pasado, pero a publicación do protocolo covid e máis as instrucións sobre o desenvolvemento das nosas ensinanzas a finais de xullo, a posterior modificación do protocolo o 31 de agosto e, para rematar a definición do contexto, a marcha á xornada de tarde dunha parte da ensinanza do bacharelato na cidade, racharon, polo menos para este equipo humano, toda previsión.

Non somos alleos á dificultade que vai supoñer para cada familia coñecer a estas alturas o horario do conservatorio en canto á conciliación con outras actividades.

Un saúdo, grazas pola vosa paciencia, e agardamos xa moi pronto estar facendo música neste edificio dende o que redactamos esta publicación.


O director, Daniel Borja Duran Alonso

Calendario de presentacións, publicación de horarios e comezo das clases (Cada evento do calendario recolle a ligazón á videoconferencia programada en Meet)

Publicado o sábado, 26 de setembro de 2020:

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Grupos e horarios definitivos das materias de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal para este curso 2020-2021.

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicado o luns, 21 de setembro de 2020:

Horarios provisionais de Linguaxe Musical e Educación auditiva e vocal

Achéganse os horarios provisionais dos grupos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal para este curso 2020-2021. O prazo para solicitar un cambio de grupo estenderase entre hoxe e o xoves 24 de setembro. Para formalizar a solicitude será preciso cubrir o formulario que se atopa na ligazón de abaixo. Ao mesmo tempo será posible facer unha permuta con outro alumno ou alumna.

En canto ás solicitudes de cambio de grupo, cómpre dicir que soamente respectaranse aquelas que teñan a súa orixe nun conflicto co horario das ensinanzas xerais. En todo caso deberá achegarse a xustificación documental correspondente. Calquera outro motivo poderá aducirse, sempre coa correspondente xustificación documental, sendo ponderado despois pola dirección do centro. Este proceder inflexible é causado pola obriga de respectar de xeito rigoroso as medidas sanitarias fronte á covid. Dentro destas medidas, a distancia de metro e medio entre postos escolares conduce á imposibilidade de superar certo número de integrantes en cada grupo.

Os horarios definitivos publicaranse o venres 25 de setembro ás 20:00.

Horarios provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Formulario para solicitar un cambio de grupo ou unha permuta

Publicado o venres, 18 de setembro de 2020:

Formulario para a xestión do alumnado

O alumnado que por diferentes causas non cubrise o formulario para a xestión do alumnado no momento de formalizar a matrícula deberá facelo a través da ligazón que se atopa abaixo desta publicación. Pregamos a maior dilixencia, rigor e concreción por parte das familias ou do alumnado mesmo no momento de desenvolver esta acción tendo en conta a relevancia para o centro de moitos dos datos achegados en canto á elaboración de grupos e horarios.

Grazas.

Ligazón ao formulario

Publicado o martes, 15 de setembro de 2020:

Saúdo e presentación do curso

Prezadas familias.


A primeira alínea desta publicación non pode non estar ocupada pola expresión escrita do noso desexo de que todo estea ben respecto a vós nos vosos fogares: respecto aos pequenos, respecto aos medianos, e respecto aos maiores. Destes últimos esperamos que estean ben coidados e afastados de calquera desacougo; dos medianos que non abafen con tanto asunto que atender; e dos pequenos que sigan medrando, aprendendo, dando exemplo aos adultos de compromiso fronte a unha necesidade común, e achegando esas sinxelas e naturais solucións que nós, as veces, xa non somos quen considerar a causa dun sentidiño algo prexudicado.

Segunda alínea. O calendario escolar recolle como comezo das clases nas ensinanzas de réxime especial o día dezaseis de setembro. Hoxe é quince, pero xa era tempo de que isto tivera lugar: unha comunicación ás familias para achegar algo de información respecto a este vindeiro curso que, por momentos, non produce máis que incertezas e contratempos. Non hai máis escusa para non ter feito isto antes que a moita actividade que andamos a desenvolver neste tempo nos centros educativos, un trebón no cal no canto de pedrazo caen contratempos, e a ansia de que cando esta comunicación se levase a cabo achegase ás familias unha información xa moi concreta sobre o desenvolvemento da actividade no conservatorio. Esa información concreta aínda non é tal, e como non é difícil observar, case cada día hai unha nova actualización neste encaixe que todos tentamos facer entre un sistema educativo que non pode minorar a súa actividade e unhas medidas fronte á covid que non é posible ignorar. É ben posible que, se todo isto se alonga no tempo, haxa que formatar, que reinventar o noso sistema de ensinanza: organización, currículo, recursos e metodoloxía. Mentres, tentamos, tentaremos conservar o modelo sen perder o obxectivo principal do noso oficio: a formación do noso alumnado.

Así as cousas, respecto á actividade no noso centro e despois deste algo extenso e enguedellado limiar, si somos quen de achegarvos un avance de como esperamos que se desenvolva este ano académico 2020-2021.

Respecto á ensinanza, esta será presencial procurando a maior normalidade posible. Con máscara, atendendo á distancia interpersoal, desinfectando e ventilando, pero conservando a semanal docencia de instrumento e as nosas materias colectivas e máis agrupacións. Con todo, cada docente disporá dun aula virtual que poderá empregar nunha certa medida a partir das porcentaxes de ensinanza telemática establecidas pola administración educativa. En calquera caso, non todas as actividades resultarán condicionadas pola covid de maneira semellante. Deste xeito, mentres unha agrupación de corda poderá facer música en conxunto a metro e medio de distancia e con máscara, a mesma cantidade de integrantes precisará dun espazo moito maior de tratarse de instrumentistas de vento e ter que manter tres metros de distancia entre cada un. Os pianistas xa non poderán interpretar repertorio de música a catro mans nun mesmo teclado e o coro deberá loitar contra esa máscara que tentará abafar á persoa e perturbar permanentemente o son. Non poderemos pasar tempo na Biblioteca que deberá ser ocupada por moitos deses pequenos grupos nos que deberán fragmentarse as grandes agrupacións do conservatorio; en canto ás cabinas de estudo, estas deberán pechar sen moito remedio as súas portas a causa da súa inexistente ventilación. Si cómpre dicir que agrupacións e actividades complementarias e máis extraescolares serán notablemente prexudicadas en todo este contexto sanitario. As agrupacións deberán ser moi reducidas, en particular se se trata de formacións de instrumentos de vento, as non obrigadas clases colectivas non poderán levarse a cabo, e as audicións veranse sensiblemente reducidas en canto ao seu número.

Toda esta morea de alteracións e contratempos na nosa consolidada actividade no conservatorio son o resultado de procurar un centro seguro para a ensinanza da música e no que a saúde sexa o principal e as corcheas o accesorio. Por outra parte, non desbotamos a ocasión de trocar contratempo por oportunidade; oportunidade de coñecer e probar outras agrupacións, outros espazos, outro repertorio, outros recursos metodolóxicos, de participar, en resumo, nunha obrigada e, se cadra, proveitosa reinvención da ensinanza da música e da mesma práctica musical.

Máis cousas? Unha manchea delas. Habilitaremos os outros dous accesos cos que conta o edificio do conservatorio procurando minimizar os traxectos polo centro e o tempo mesmo de presenza nel. Temos intención de resolver todas as presentacións, accións de escolla de horarios e titorías de xeito telemático. A este respecto, a nosa idea é facer do correo electrónico a canle de comunicación entre profesorado e familias. Cousas menores? Unha nova escolma de produtos máis saudables na nosa máquina expendedora, un aparcadoiro para bicicletas no entorno da porta da esquina noroeste do edificio, ou unha, esperamos, próxima renovación do espazo web do conservatorio.

Respecto a cando esperamos publicar os grupos, horarios e comezar as clases, cómpre agardar á concreción dalgúns aspectos do ensino xeral que condicionan as nosas ensinanzas. Despois, só será preciso tomar o tempo abondo para confeccionar os nosos horarios e, sen máis espera, abrir as portas das aulas. A nosa previsión é comezar a nosa actividade docente entre a derradeira semana deste mes e a primeira do vindeiro. En canto á publicación e máis escolla de horarios, agardamos achegar progresivamente toda a información nos vindeiros días.

Lector, lectora desta comunicación, permíteme unha alínea cun cariz algo máis persoal. O pasado primeiro día de xullo tomaba posesión na dirección do conservatorio. Esta é unha tarefa buscada e que estou a afrontar cheo de responsabilidade e de ilusión. Adoito dicir que un docente que observa durante certo tempo un modelo de centro e de dirección é ben doado, e case inevitable, que pouco a pouco produza un criterio propio sobre como quixera que fose o seu centro e a súa dirección acumulando, ao mesmo tempo, unha certa inquedanza por levar todo iso a término. Antes escribía responsabilidade e ilusión, pero debo tamén escribir confianza; confianza na participación permanente de toda a comunidade educativa na actividade do centro. Aquí non podo non facer unha pausa para mencionar ás tres persoas que me acompañan neste proxecto e que forman agora o equipo directivo do CMUS Xoán Montes: Patricia Castro, profesora de Fagot, na vicedirección; Lucía Abelairas, profesora de Piano, na xefatura de estudos; e Victoria Díaz, profesora de Linguaxe musical, na secretaría. Soamente son que de entender a dirección escolar dende a iniciativa, a proposta, a escoita, o rigor, o exemplo, a accesibilidade, a axuda, o compromiso, a empatía, a participación e a autocrítica. Son un feixe de cualidades, é así, pero non podo non agardar que estean presentes na maior medida posible na miña labor na dirección, na nosa labor como equipo directivo, e na labor de todo o persoal do conservatorio.

Unha aperta, grazas pola túa lectura, que todo vaia ben e, como din os manuais de dirección escolar: a porta do despacho só está pechada para que non saian voando os papeis.


O director,

Daniel Borja Durán Alonso


Publicado o venres, 11 de setembro de 2020:

Probas de acceso ao curso 2020-2021: Adxudicación de prazas

Relación de aspirantes que obteñen praza nas probas de acceso ao curso 2020-2021. 

A listaxe recolle os aspirantes que quedaron en lista de agarda logo da proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional celebrada o pasado xuño, os aspirantes das probas aos cursos segundo e terceiro do grao elemental celebradas este setembro, e nas que non había prazas vacantes, e os aspirantes que non obtiveron praza no primeiro curso do grao elemental logo da proba e das prazas vacantes publicadas con anterioridade.

As datas nas que poderá formalizarse a matrícula serán o vindeiro luns 14 e máis o martes 15.

Listaxe coa adxudicación de prazas.

Publicado o martes, 8 de setembro de 2020:

Resultados das probas de acceso ao curso 2020-2021

Resultados das probas de acceso ao curso 2020-2021 agás os correspondentes ao acceso ao primeiro curso das ensinanzas elementais.

A adxudicación de prazas publicarase o venres 11 de setembro ás 20:00. O prazo de matrícula para os aspirantes que obtiveran praza será o luns 14 e o martes 15 de setembro.

Resultados

Publicado o venres, 4 de setembro de 2020:

Resultado da proba de acceso ao 1º curso do grao elemental

Publicación dos resultados da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental para o vindeiro curso 2020-2021. Relación de aspirantes que superaron a proba e obtiveron praza na especialidade escollida, relación de aspirantes que superaron a proba pero non obtiveron praza na especialidade escollida, e relación de aspirantes que non se presentaron á proba.

A matrícula dos aspirantes que obtiveron praza poderá formalizarse entre o luns 7 e o xoves 10 de setembro.

En canto aos aspirantes que superaron a proba pero non obtiveron praza na especialidade escollida, poderán elixir outra especialidade instrumental entre as vacantes que ofrece o centro para o vindeiro curso 2020-2021 ou permanecer nunha lista de agarda da especialidade primeiramente elixida (a que figura na listaxe). A escolla ou a comunicación da decisión de permanecer na lista de agarda levarase a cabo nunha xuntanza prevista para o vindeiro venres 11 de setembro ás 16:30. O centro comunicará con antelación ás familias destes aspirantes se a reunión se desenvolverá de xeito presencial ou telemático indicando o lugar de celebración ou achegando a correspondente ligazón.

Aspirantes que superaron a proba e obteñen praza

Aspirantes que superaron a proba pero non obteñen praza

Aspirantes non presentados á proba


Publicado o martes, 1 de setembro de 2020:

Datas, horarios, publicación de resultados, adxudicación de prazas e matrícula das probas de acceso ao curso 2020-2021

Data, horario e espazos de celebración das probas de acceso ao curso 2020-2021. Data de publicación de resultados, prazo de reclamación, data de adxudicación de prazas e prazo de matrícula.

Datas, horarios, publicación de resultados, adxudicación de prazas e matrícula das probas de acceso ao curso 2020-2021

Tribunais das probas de acceso ao curso 2020-2021

Tribunais que avaliarán as probas de acceso ao curso 2020-2021 coa data, horario xeral e máis espazo de celebración de cada proba. Achégase tamén o número de aspirantes en cada especialidade agás no caso da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

Tribunais das probas de acceso ao curso 2020-2021

Publicación de resultados e matrícula para o alumnado correspondente ás probas extraordinarias

As cualificacións das probas extraordinarias poderán consultarse en CentrosNET a partir do xoves 3 ás 17:00.

A formalización da matrícula para o curso 2020-2021 levarase a cabo o venres 4 e o luns 7 de setembro.

Publicado o domingo, 30 de agosto de 2020:

Proba de acceso ao 1º curso do grao elemental

Os vindeiros días 3 e 4 de setembro está prevista a celebración da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental, este ano desprazada no tempo dende xuño a causa da emerxencia sanitaria producida pola COVID-19.

Nas seguintes ligazóns atópanse as datas e horarios de celebración da proba e máis as datas de publicación de resultados, asignacion de prazas vacantes e prazos de reclamacións e matrícula. Ademais, a descrición, contido e criterios de avaliación da proba, e o protocolo sanitario que será preciso seguir no seu desenvolvemento.

Datas, horarios, datas de publicación de resultados, prazos, etc.

Descrición, contido e criterios de avaliación da proba

Protocolo sanitario

Publicado o martes, 25 de agosto de 2020:

Probas extraordinarias

Nas seguintes dúas ligazóns atópanse a listaxe cos horarios das probas extraordinarias correspondentes ao curso 2019-2020 e máis o protocolo sanitario que será preciso atender no seu desenvolvemento. O relevante para todos nós do rigoroso cumprimento das necesarias medidas de prevención fronte á COVID-19 fan preciso o coñecemento e respecto en canto a dito protocolo.

Probas extraordinarias 2019-2020, horarios

Probas extraordinarias 2019-2020, protocolo sanitario

Publicado o luns, 3 de agosto de 2020:

Calendario e horario do mes de agosto

Durante as vindeiras dúas semanas o centro permanecerá pechado. Volvemos abrir as portas o luns 17 no horario de 09:30 a 13:00.
As nosas canles de comunicación, en calquera caso, permanecerán activas para resolver calquera cuestión que vos xurda.
Gozade duns bos días de lecer!

Publicado o luns, 29 de xuño de 2020:

Proba de acceso a 1º GE: Relación de admitidos

Listaxe de admitidos para realizar a proba de acceso a 1º de grao elemental para o curso 2020-21. As probas realizaranse no mes de setembro:




Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Publicado o venres, 26 de xuño de 2020:

Proba de acceso a 1º GP: Listaxes

Resultados das probas de acceso a 1º de grao profesional para o curso 2020-21:

Listaxe de alumnos que obtiveron praza e lista de agarda

Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Publicado o xoves, 25 de xuño de 2020:

Matrícula: Formulario e Guía informativa

Este ano, e como parte do procedemento para a formalización da matrícula, incorporamos un formulario que ten por obxecto recoller a información que resulta precisa para a elaboración de horarios e grupos. É posible acceder ao cuestionario a través da seguinte ligazón:


Cubrir e enviar o formulario é indispensable para completar o trámite da matrícula.

Por outra parte, nesta outra ligazón atópase unha guía informativa sobre a documentación, taxas e procedemento de matriculación:

Publicado o luns, 15 de xuño de 2020:

Proba de acceso a 1º GP: Tribunais

Tribunais para a proba de acceso ao 1º curso de grao profesional:

Ver tribunais


Toda a información relevante das probas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.

Proba de acceso a 1º GP: Exercicio de lectura rítmica e entoación

O exercicio é común para ambas modalidades, presencial e telemática:

Toda a información relevante das probas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


Publicado o xoves, 11 de xuño de 2020:

Proba acceso 1º GP: Listaxe de admitidos. Modalidades presencial e telemática

Proba de acceso a 1º de grao profesional
CURSO 2020-21

Comprobe na listaxe si a proba da súa especialidade será na modalidade presencial ou telemática. No caso de que sexa presencial aparece a data é horario de convocatoria:


Siga as instrucións según lle corresponda a modalidade presencial ou telemática:    
 ---- MOI IMPORTANTE ----



Toda a información relevante das probas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


Publicado o mércores, 10 de xuño de 2020:

Publicado o luns, 8 de xuño de 2020:

Premios fin de grao: Galardoados


Dacordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, corresponde outorgar neste curso académico 2019/20 PREMIO EXTRAORDINARIO aos seguintes alumnos:

  • XIAO YÁÑEZ FERNÁNDEZ (Especialidade de Piano).
  • Mª FLORENCIA PAGNUCCO DIDIER (Especialidade de Violín).
Poderase recoller o diploma acreditativo no Conservatorio, solicitando cita previa.

Incidencias en CentrosNet

Por anomalías informáticas relacionadas coa propia aplicación CentrosNet, veñen de producirse algunhas incidencias nas informacións remitidas. Pregamos nos disculpen aquelas persoas afectadas.

A dirección do centro.

Publicado o mércores, 3 de xuño de 2020:

Cualificacións e Informes de avaliación final


A partir do día 5 de xuño estarán dispoñibles na plataforma de CentrosNet, as cualificacións e os informes de avaliación final.


Publicado o martes, 2 de xuño de 2020:

Probas de acceso: Datas





Toda a información actualizada 
no enlace das Probas de acceso:

Publicado o domingo, 31 de maio de 2020:

Probas de acceso: Aclaracións sobre a proba de 1º GP

Aclaracións da consellería sobre a resolución publicada recentemente sobre a realización das probas de acceso ao curso académico 2020/21 nos graos elemental e profesional das ensinanzas de música e de danza.

No texto se definen particularidades da Proba de Acceso ao 1º curso de grao profesional que se celebrará proximamente.

Probas de Acceso: Prazo de inscrición a 1º GP

O prazo de inscrición para a proba de acceso a 1º curso de Grao Profesional para o vindeiro curso 2020-21 será do 1 ao 10 de xuño de 2020 ambos os dous días inclusive.

A inscrición poderase facer de dous xeitos:  
  • Recollida e/ou entrega de documentación no exterior do centro (*):  Instrucións
(*) En ningún caso suporá o acceso do alumnado, familias e/ou titores legais ao interior do centro.

A proba celebrarase na segunda quincena de xuño.
As datas e a concreción da proba publicaranse nos próximos días.


Toda a información relevante das mesmas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


Publicado o venres, 29 de maio de 2020:

Probas de Acceso: Instruccións da Consellería

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a realización das probas de acceso ao curso académico 2020/21 nos graos elemental e profesional das ensinanzas de música e de danza:

Ver resolución

Próximamente publicaranse as datas e procedemento de inscrición e máis información.

Publicado o luns, 18 de maio de 2020:

Oferta provisional de prazas - Curso 2020-21



Curso 2020-21:


Notas: 
  • Comunicarase coa debida antelación o prazo de inscrición así como as datas de realización das mesmas.
  • No mes de setembro, e á resulta de vacantes que se puideran producir, comunicarase unha oferta de prazas comprementaria a esta, para coñecemento da comunidade educativa.

Linguaxe musical en confinamento

Os alumnos de linguaxe musical de 2º curso de grao profesional andiveron a experimentar coa música contemporánea e as novas grafías, e velaiquí o resultado... un fermoso recordo destas semanas de confinamento, na que a música fixo máis levadeiros os días.

Un día máis é un día menos para vernos.
Volveremos!.


Publicado o xoves, 14 de maio de 2020:

Solicitude de renuncia de matrícula

Ábrese o prazo para solicitar a renuncia de matrícula do presente curso 2019-20, ata o 27 de maio de 2020 (inclusive).

A solicitude poderá tramitarse:
  • Presencialmente na secretaría do centro (no horario de apertura da secretaría de 11 a 13 horas).

Recordamos tamén a Aclaración sobre a renuncia de matrícula que xa se publicou no seu día.

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2020-21, nos días do 8 ao 12 de xuño de 2020 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.

A solicitude poderá tramitarse:
  • Presencialmente na secretaría do centro (no horario de apertura da secretaría de 11 a 13 horas).

Deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Datas de interese para o Alumnado


Adaptacións das Programacións Didácticas


Seguindo ás Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procédese a publicar as seguintes Adaptacións das Programacións Didácticas.

Atópanse xunto ás Programacións de cada materia na seguinte carpeta:


(*) Na web pódese atopar esta carpeta a través de Menú > Alumnado > Documentación. Elixa o departamento e a materia para chegar á documentación. Tamén se pode acceder a través de Menú > Departamentos.

Publicado o xoves, 7 de maio de 2020:

Información sobre a renuncia de matrícula

Aqueles alumnos que desexen realizar unha renuncia de matrícula deberán efectuala con anterioridade á celebración da avaliación final e ter en conta o seguinte: