• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o domingo, 22 de decembro de 2019:

Árbore de Nadal

Achegándose a un caligrama, está árbore de Nadal, que comezou case coma un pasatempo, agora produce algunhas reflexións. Unha morea de palabras que espertan a curiosidade por coñecer, nalgúns casos, o seu significado, o pouco que é preciso investir para ter unha árbore de Nadal moi nosa, e a posibilidade de facer medrar este peculiar abeto, mesmo de xeito participativo, con máis palabras.

Despois, un canto de Nadal de Gustav Holst a partir dun texto da poeta Christina Rossetti, e unha sesión de gravación e máis outra de edición. Un modesto minuto de audiovisual para desexarvos un bo Nadal e un proveitoso ano 2020!

Daniel Borja Durán Alonso.
Coordinador da Biblioteca do CMUS.