Versión para Móbil/Tablet.
Para ver todo o contido da web
fai click no ordenador -->


AVISO IMPORTANTE:

Debido ao virus Covid-19 e seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional toda a actividade lectiva de este centro, queda suspendida ata novo aviso.

ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE:

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

A medida que se teña información nova en relación a prazos, inscricións, matrículas etc, irase publicando.



domingo, 22 de decembro de 2019

Árbore de Nadal

Achegándose a un caligrama, está árbore de Nadal, que comezou case coma un pasatempo, agora produce algunhas reflexións. Unha morea de palabras que espertan a curiosidade por coñecer, nalgúns casos, o seu significado, o pouco que é preciso investir para ter unha árbore de Nadal moi nosa, e a posibilidade de facer medrar este peculiar abeto, mesmo de xeito participativo, con máis palabras.

Despois, un canto de Nadal de Gustav Holst a partir dun texto da poeta Christina Rossetti, e unha sesión de gravación e máis outra de edición. Un modesto minuto de audiovisual para desexarvos un bo Nadal e un proveitoso ano 2020!

Daniel Borja Durán Alonso.
Coordinador da Biblioteca do CMUS.

¡Felices Festas!

O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes deséxavos a todos...



¡Felices Festas
 de Nadal!

mércores, 18 de decembro de 2019

Horario do centro no nadal


As vacacións do nadal abranguerán desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020.

mércores, 11 de decembro de 2019

martes, 10 de decembro de 2019

Semicorchea: una semihistoria por Pablo Coria


O noso compañeiro e profesor de frauta Pablo Coria escribiu recentemente un conto didáctico-musical que chamou "Semicorchea; una semihistoria".


En palabras do autor:

El cuento pretende ser un entretenimiento como cuento que es, pero a su vez también ser una oportunidad para repasar una serie de contenidos y conceptos musicales (de ahí lo de didáctico-musical). Aquellos que seáis músicos podréis entender plenamente el texto pero a su vez espero que cualquier lector pueda seguirla y disfrutar de "Semicorchea; una semihistoria".

Espero que os guste. El relato comienza así:
Pablo.

EL NACIMIENTO
Aquel fue un día de muchos nervios y emociones porque acaban de ser papás. Al fin y al cabo era el día que había nacido su primera hija y protagonista de esta historia, a la que dieron por nombre “Cristina” aunque no tardaría mucho tiempo en quedar reducido a “Tina”.

Pues bien, volviendo a aquel emotivo día, recordar que lo primero que pudo oír Tina al nacer fue: “¡Ya está aquí. ¿Es la semicorchea más bonita que he visto en mi vida! Y sí, no le faltaba razón a aquella experimentada comadrona ya que “Tina” era una auténtica belleza con una esbelta plica, una preciosa cabeza y una elegante cabellera con sus dos corchetes. Había nacido “Tina”, la semicorchea.
...
 por Pablo Coria

sábado, 7 de decembro de 2019

Gañadora do Concurso de Debuxo do ANPA

Mostrámosvos o deseño gañador para as nosas sudadeiras da ANPA do CMUS. 
A autora é Elisa Liangyao Sánchez Veiga. Esperamos que vos guste tanto como a nos.

¡¡¡Parabéns!!!

Elisa, nos vindeiros días poñerémonos en contacto para que recibas os teus agasallos.

A ANPA do CMUS.


Debuxo Gañador: Elisa Liangyao Sánchez Veiga