AVISO IMPORTANTE:

Debido ao virus Covid-19 e seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional toda a actividade lectiva de este centro, queda suspendida ata novo aviso.

ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE:

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

A medida que se teña información nova en relación a prazos, inscricións, matrículas etc, irase publicando.



Publicado o venres, 22 de novembro de 2019:

Concerto de Nadal: Agrupacións de Grao Elemental e Banda Xuvenil

O vindeiro martes 17 de decembro ás 19 horas no Círculo das Artes de Lugo, as agrupacións de Grao Elemental xunto coa Banda Xuvenil ofrecerán  un concerto didáctico destinado a todos os nenos e nenas da cidade interesados en coñecernos. 

A entrada será libre. Esperamos contar coa vosa asistencia e que gocedes da actuación destes pequenos músicos.