• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 11 de novembro de 2019:

Actividade extraescolar có Ensemble Zoar


O vindeiro martes, 26 de novembro de 2019, o Ensemble Zoar ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo. O Ensemble Zoar é un quinteto de vento-madeira (frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa). Neste concerto tamén contan coa participación dun pianista.


O programa do concerto é o seguinte:

L.v. Beethoven: Variaciones sobre La ci darem la mano / W. A. Mozart: Trío para clarinete, piano e fagot Kv. 498 / Quinteto para piano e vento Kv. 452.

O Departamento de Vento-Madeira organiza unha actividade para a asistencia en grupo a dito concerto dos alumnos que estean interesados. A actividade incluirá un encontro antes do concerto cos membros do Ensemble Zoar. 

Os interesados deberán entregar a inscrición na conserxería do centro ata o xoves 21 de novembro de 2019