• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 25 de novembro de 2019:

VI Xuntanza Soncello


Os días 14 e 15 de decembro celebrarase no CMUS Xoán Montes a VI Xuntanza da asociación de violonchelistas Soncello.



Publicado o venres, 22 de novembro de 2019:

Xurxo Morales gañador da fase autonómica do Concurso Intercentros


O alumno de Saxofón do CMUS Xoan Montes de Lugo Xurxo Morales resultou gañador da fase autonómica do Concurso Intercentros Melómano 2019, tocando Prelude cadence et finale de Alfred Desenclos e representará a Galicia na fase final que se celebrará en Alicante.

¡¡¡ PARABÉNS !!!


Concerto de Nadal: Agrupacións de Grao Elemental e Banda Xuvenil

O vindeiro martes 17 de decembro ás 19 horas no Círculo das Artes de Lugo, as agrupacións de Grao Elemental xunto coa Banda Xuvenil ofrecerán  un concerto didáctico destinado a todos os nenos e nenas da cidade interesados en coñecernos. 

A entrada será libre. Esperamos contar coa vosa asistencia e que gocedes da actuación destes pequenos músicos.  


Publicado o mércores, 20 de novembro de 2019:

Concerto homenaxe a Indalecio F. Groba

Concerto organizado polo Concello de Lugo e a Sociedade Filarmónica a proposta de antigos discípulos do mestre.


Publicado o martes, 19 de novembro de 2019:

Placa de recoñecemento polo programa Erasmus+

Estamos moi ledos!!

O SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) acaba de enviarnos unha placa identificativa que acabamos de colocar na entrada do noso conservatorio, 
por participar no Programa Erasmus+ (2014-2020)

Con esta placa nos recoñecen o noso esforzo e adicación por impulsar o sentimento de cidadanía europea, educación inclusiva e internacionalización da educación.

Publicado o luns, 11 de novembro de 2019:

Actividade extraescolar có Ensemble Zoar


O vindeiro martes, 26 de novembro de 2019, o Ensemble Zoar ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo. O Ensemble Zoar é un quinteto de vento-madeira (frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa). Neste concerto tamén contan coa participación dun pianista.


O programa do concerto é o seguinte:

L.v. Beethoven: Variaciones sobre La ci darem la mano / W. A. Mozart: Trío para clarinete, piano e fagot Kv. 498 / Quinteto para piano e vento Kv. 452.

O Departamento de Vento-Madeira organiza unha actividade para a asistencia en grupo a dito concerto dos alumnos que estean interesados. A actividade incluirá un encontro antes do concerto cos membros do Ensemble Zoar. 

Os interesados deberán entregar a inscrición na conserxería do centro ata o xoves 21 de novembro de 2019



Publicado o venres, 8 de novembro de 2019:

Publicado o xoves, 7 de novembro de 2019: