• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 25 de abril de 2019:

Travelling teachers

Viaxe Erasmus+ dos profesores Borja Durán e José Corral:

"Ao longo desta semana, isto é, do luns 22 ao sábado 27, trasladeí os meus ósos o Hvidovre, na contorna da cidade de Copenhague. 

O obxectivo é coñecer a súa escola de música e as diferentes maneiras educativas que amosan por estas latitudes. Non viaxei só xa que o meu compañeiro Corral tamén forma parte desta expedición pedagóxica.

Lector ou lectora, se andas a preguntarte de onde saíu esto idea, e por se aínda non tiveras noticia, o conservatorio está o desenvolver dende fai dous anos un proxecto Erasmus+ co fin de coñecer a realidade doutros centros educativos semellantes ao noso no estranxeiro. 

Un saúdo para todos e todas!"

Borja