• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 26 de febreiro de 2019:

Publicado o domingo, 24 de febreiro de 2019:

Publicado o mércores, 20 de febreiro de 2019:

XII Cursos Vento Madeira 2019


Curso de ÓBOE
12-13 abril:
Curso de CLARINETE
24-25 abril:
inscrición online

Curso de FRAUTA
26-27 abril:

Aberto o prazo de inscrición.

Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero

Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas...

Compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este personal concerto.

Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.

AVISO NOVO HORARIO DO CONCERTO: 20:30 h

Trece cancións bonitas

Iturri zaharretik
edaten dut,
ur berria edaten,
beti berri den ura,
betiko iturri zaharretik.

Joxean Artze

Da vella fonte
bebo,
bebo a agua nova,
a agua que sempre é nova,
da fonte que sempre é vella.



Publicado o mércores, 13 de febreiro de 2019:

Gañadores do Concurso de Solistas

O xurado do XIII Concurso de Solistas para orquestra e banda do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, recoñece a todos os participantes o seu esforzo e interese, e acorda nomear os seguintes gañadores;

APARTADO DE  BANDA:

Gañador: Diego Bermúdez Gato (Clarinete)

Mención especial neste apartado a Xurxo Morales Varela (Saxofón)


APARTADO DE ORQUESTRA  DE CORDA:

Gañador: Isaac Pazos Pérez (Obóe)

Mención especial neste apartado a Dina Durán Rodríguez (Contrabaixo)



Publicado o mércores, 6 de febreiro de 2019:

Concerto en Familia


nota: Un número limitado de entradas poderán recollerse na Conserxería do Centro a partires do venres 8 de febreiro, o resto repartiranse por diversos colexios da cidade.