• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 26 de xuño de 2018:

Horarios de verán

XUÑO: (do 18 ao 29)
    Resultado de imaxes para verano
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 a 13:30 h
  • Horario do centro:
    • do 18 ao 22 de xuño: de 8:30 a 21:30 h
    • do 25 ao 29 de xuño: de 8:30 a 14 e de 16 a 21 h

XULLO:
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 h a 13:30 h 
  • Horario do centro:
    • de 9:00 h a 14:00 h
AGOSTO:
  • Oficina pechada
  • Horario do centro:
    • de 9:30 a 13:00 h
SETEMBRO: (do 1 ao 15)
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 a 13:30 h
  • Horario do centro:
    • do 1 ao 15 de setembro: de 8:30 a 14 e de 15:45 a 21:15 h

Publicado o luns, 25 de xuño de 2018:

Proba de acceso a 1º GE: Listaxes

Listaxes dos resultados das probas de acceso a 1º de grao elemental para o curso 2018-19:
Os aspirantes que non obtiveron praza deberán presentarse o mércores, 27 de xuño de 2018 ás 18 horas no auditorio, para a adxudicación de prazas vacantes en 2ª volta. 

É moi importante que acudan a esa reunión.


Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Publicado o venres, 15 de xuño de 2018:

Proba de Acceso a 1°GE: Datas e horarios

A Proba de Acceso a 1º Grao Elemental será o 21 e 22 de xuño de 2018 na Aula 1.14



Publicado o xoves, 14 de xuño de 2018:

Publicado o mércores, 13 de xuño de 2018:

Participación de Xurxo Morales no Festival de Peregrinos Musicales

O Festival de Peregrinos Musicais que se celebrará, un ano máis, dende o 28 de xuño ao 4 de xullo en Santiago de Compostela e que ten un excepcional nivel artístico, contará en esta ocasión coa participación do noso preciado alumno Xurxo Morales de 3º GP de saxofón, ao que lle felicitamos pola sua traxectoria.

Xurxo Morales, saxofonista




Publicado o martes, 5 de xuño de 2018:

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2018-19, nos días do 11 ao 15 de xuño de 2018 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Follas de Solicitude:


Matrícula curso 2018-19


Prazos de Matrícula no mes de Xuño
( e toda a información)