• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 20 de decembro de 2018:

Horario do centro no nadal


As vacacións do nadal abranguerán desde o 
22 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019.

Publicado o martes, 18 de decembro de 2018:

Nova revista Aqueloutrando

Posiblemente un dos desafíos máis importantes aos que se poida enfrontar unha  comunidade educativa como a nosa sexa o do seu autocoñecemento. Os diferentes grupos que a integramos relacionámonos entre nós achegando á comunidade un copioso caudal de habilidades, aspiracións, potenciais e querenzas que constrúen, ao redor do ensino da música, un complexo e enriquecedor armazón de relacións persoais e profesionais. 

A nosa revista nace hoxe co firme propósito de converterse nunha gran xanela para visibilizar -e así potenciar- aínda máis ese caudal, ofrecendo a todos os membros da nosa comunidade educativa un espazo de libre participación que sexa capaz de asomarnos á enriquecedora realidade do noso Centro. En relación ao seu aspecto formal, optouse por un formato virtual non só por criterios de axilidade, modernidade e eficiencia, senón porque así se nos permite alcanzar un maior grao de divulgación e desenvolver un formato menos ríxido e máis acorde coas necesidades que se poidan ter en cada momento. 

Quero rematar animando a todos os membros da comunidade educativa a participar na nosa revista, para que un proxecto que hoxe xa é de moitos, mañá sexa felizmente de todos. 

Mª Luz Hermida Lozano
A Directora do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes 

Revista Aqueloutrando
Para interesados en participar na revista:
Contacto: revista@cmusxoanmonteslugo.edu.es

Os enlaces á revista están dispoñibles na columna esquerda da web do centro.



Publicado o venres, 14 de decembro de 2018:

Premio Concurso de Debuxo

Gañadora: Violeta Fraga Sal
de 3º de Grao Elemental de Saxofón.

Mención especial: Sara Nogueras Porto 
de 3º de Grao Elemental de Piano




Os debuxos permanecerán expostos  na planta baixa do Conservatorio.
GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!




Premio Concurso Literario

Gañadora: Gabriel Iriarte López
de 1º de Grao Elemental de Percusión.

Tema: Mozart visita o noso Conservatorio

Publicado o mércores, 12 de decembro de 2018:

Publicado o martes, 20 de novembro de 2018:

Publicado o xoves, 15 de novembro de 2018:

Concerto "Frecuencias Liberadas"


Xoves 22 de novembro ás 20:00h
Auditorio do CMUS

Publicado o mércores, 14 de novembro de 2018:

Publicado o luns, 12 de novembro de 2018:

Publicado o mércores, 7 de novembro de 2018:

Concerto de Santa Icía


Festival de Jazz 2018




Do Audible 2018

 Venres 9 de novembro
Auditorio do CMUS

Sábado 10 de decembro
Centro Cultural do Vello Cárcere


Publicado o luns, 24 de setembro de 2018:

Listaxes de alumnado dos Grupos de Composición

Despois de haber elixido no acto de elección de horarios, os grupos das materias de Novas Tecnoloxías, Harmonía, Historia da Música e Análise quedan así:



Publicado o venres, 21 de setembro de 2018:

Horarios DEFINITIVOS dos grupos de Linguaxe Musical


Prazo para solicitar a asistencia como alumno oínte para 4º de Grao Elemental:

Venres 21 e Luns 24 de setembro
ata ás 14 horas

folla de solicitude



Listaxes de alumnado de Corda Friccionada

Listaxes de alumnado e adxudicación de profesor no Departamento de Corda Friccionada para o curso 2018-19:

Horarios pendentes de Música de Cámara e Conxunto

Resultado de imaxes para forgetListaxe dos horarios adxudicados aos alumnos que non asistiron á reunión de elección de horarios nas materias de Música de Cámara e Conxunto:

Publicado o xoves, 20 de setembro de 2018:

Listaxes de alumnado de Vento Madeira

Listaxes de alumnado e adxudicación de profesor no Departamento de Vento Madeira para o curso 2018-19:


Departamento de Tecla: Adxudicacións de PC e Piano

Listaxes de alumnos de Piano e Piano Complementario aos que se lles concedeu a solicitude de profesor, cambio de profesor e adxudicacións:
Nota: O resto do alumnado continua co profesor do ano pasado.

Horarios e grupos de Banda, Orquestra GP e Orquestra Xuvenil GP


Curso 2018-19
Agrupacións de Grao Profesional

Horarios, grupos e aulas de:




Publicado o mércores, 19 de setembro de 2018:

Horarios de itinerarios, materias optativas e agrupacións infantís

Horarios dos itinerarios, das materias optativas e das agrupacións infantís para o curso 2018-19:

Departamento de Composición: Elección de Horarios


Elección de horarios e grupos para ás materias do Departamento de Composición no curso 2018/19:

Horarios de Coro GP


Nota: A duración das clases de Coro este ano será de 1 hora e media.


Elección de horarios de Piano Complementario


Aulas e horario para a elección de horarios de Piano Complementario:

Horarios provisionáis dos grupos de Linguaxe Musical


* Corrección de erros: a primeira listaxe publicada non é válida.

PRAZO PARA SOLICITAR CAMBIO DE GRUPO:

 Mércores 19 ao Xoves 20 de setembro




Nota importante:

1. Non se aceptarán cambios de grupo soamente nunha das dúas materias.

2. É posible realizar permutas entre dous alumnos. A solicitude da permuta deberá facerse no mesmo prazo e forma que a solicitude de cambio.

3. Soamente se terá en conta para aceptar o cambio: horario escolar, horario laboral dos pais ou circunstancias familiares extraordinarias achegando o xustificante pertinente.



PUBLICACIÓN DE HORARIOS DEFINITIVOS:

 Venres 21 de setembro



Publicado o martes, 18 de setembro de 2018:

Guía do Alumnado 2018-19

Para todos aqueles alumnos/as de nova incorporación ao CMUS Xoán Montes de Lugo

Publicado o luns, 17 de setembro de 2018:

Elección de horarios de especialidade instrumental: Aulas


Aulas e horarios para a elección de horarios das especialidades instrumentáis:

  • Martes 25 ás 18 horas: ver horarios
    • Todas as especialidades agás as que van o mércores.
  • Mércores 26 ás 18 horas: ver horarios
    • Acordeón
    • Piano
    • Canto
    • Violonchelo




Publicado o venres, 7 de setembro de 2018:

Curso 2018-19: Novos Horarios de setembro

Por razóns alleas ao centro, todas as reunións, eleccións de horarios e publicación de datas programadas no anterior calendario quedan modificadas polas seguintes:

Datas e horarios relevantes para o comezo do curso 2018-19:

Desculpen as molestias.
A dirección do centro.

Publicado o martes, 4 de setembro de 2018:

Exames de setembro: Entrega de notas e matrícula


Convocatoria de Setembro do curso 2017-18 para alumnos oficiais con materias pendentes de xuño:

  • A entrega de notas será o día 5 de Setembro a partir das 18h na conserxería do centro.
  • O prazo de matrícula será os días 6 e 7 de setembro.

Proba de acceso a 1º GE: Elección de especialidade

A elección de especialidade para os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en lista de espera no mes de xuño será o:

día 11 de setembro ás 18 horas
no auditorio do centro

Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.


Publicado o luns, 3 de setembro de 2018:

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2018-19, nos días do 3 ao 6 de xuño de 2018 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Follas de Solicitude:


Publicado o venres, 20 de xullo de 2018:

Probas de Acceso de setembro: Tribunais e horarios

Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2018 celebraranse as probas de acceso aos cursos:
  • de 2º a 4º de grao elemental
  • de 2º e 3° de grao profesional

Pódense ver os tribunais no seguinte enlace:

O 10 de setembro publicaranse as notas das probas de acceso. 

Toda a información relevante das mesmas publícase no enlace que hai na columna dereita de esta web.


Exames de setembro: Datas, Horarios e Aulas


Convocatoria de Setembro do curso 2017-18 para alumnos oficiais con materias pendentes de xuño:

Maís adiante publicaranse as datas do prazo de matrícula.

Publicado o martes, 26 de xuño de 2018:

Horarios de verán

XUÑO: (do 18 ao 29)
    Resultado de imaxes para verano
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 a 13:30 h
  • Horario do centro:
    • do 18 ao 22 de xuño: de 8:30 a 21:30 h
    • do 25 ao 29 de xuño: de 8:30 a 14 e de 16 a 21 h

XULLO:
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 h a 13:30 h 
  • Horario do centro:
    • de 9:00 h a 14:00 h
AGOSTO:
  • Oficina pechada
  • Horario do centro:
    • de 9:30 a 13:00 h
SETEMBRO: (do 1 ao 15)
  • Horario de oficina:
    • de 9:15 a 13:30 h
  • Horario do centro:
    • do 1 ao 15 de setembro: de 8:30 a 14 e de 15:45 a 21:15 h

Publicado o luns, 25 de xuño de 2018:

Proba de acceso a 1º GE: Listaxes

Listaxes dos resultados das probas de acceso a 1º de grao elemental para o curso 2018-19:
Os aspirantes que non obtiveron praza deberán presentarse o mércores, 27 de xuño de 2018 ás 18 horas no auditorio, para a adxudicación de prazas vacantes en 2ª volta. 

É moi importante que acudan a esa reunión.


Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Publicado o venres, 15 de xuño de 2018:

Proba de Acceso a 1°GE: Datas e horarios

A Proba de Acceso a 1º Grao Elemental será o 21 e 22 de xuño de 2018 na Aula 1.14



Publicado o xoves, 14 de xuño de 2018:

Publicado o mércores, 13 de xuño de 2018:

Participación de Xurxo Morales no Festival de Peregrinos Musicales

O Festival de Peregrinos Musicais que se celebrará, un ano máis, dende o 28 de xuño ao 4 de xullo en Santiago de Compostela e que ten un excepcional nivel artístico, contará en esta ocasión coa participación do noso preciado alumno Xurxo Morales de 3º GP de saxofón, ao que lle felicitamos pola sua traxectoria.

Xurxo Morales, saxofonista




Publicado o martes, 5 de xuño de 2018:

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2018-19, nos días do 11 ao 15 de xuño de 2018 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Follas de Solicitude:


Matrícula curso 2018-19


Prazos de Matrícula no mes de Xuño
( e toda a información)

Publicado o xoves, 31 de maio de 2018:

Probas de Acceso de Xuño: Tribunais

Tribunais para as probas de acceso de Xuño:



Aviso: A Proba de Acceso a 1º GP de Piano, ten novo horario (ver no enlace de arriba)