Versión para Móbil/Tablet.
Para ver todo o contido da web
fai click no ordenador -->


AVISO IMPORTANTE:

Debido ao virus Covid-19 e seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional toda a actividade lectiva de este centro, queda suspendida ata novo aviso.

ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE:

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

A medida que se teña información nova en relación a prazos, inscricións, matrículas etc, irase publicando.



mércores, 20 de decembro de 2017

Horario do centro no nadal

As vacacións do nadal abranguerán desde o 
22 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018.

martes, 12 de decembro de 2017

mércores, 6 de decembro de 2017

Actividade "Atrapemos a Música"

Colaboración do CMUS na actividade "Atrapemos a Música" do Colexio María Auxiliadora de Lugo celebrada o 5 de decembro de 2017 no Auditorio do Conservatorio.

Grazas aos profesores e alumnos participantes. Esperamos repetir a experiencia!!


Gañador do I Concurso de Debuxo do CMUS Xoán Montes

I CONCURSO DE DEBUXO do CMUS Profesional de Música Xoán Montes de Lugo do 1º trimestre, Curso 2017-18.

Gañador: Diego Rodríguez Vázquez de 4º de Grao Elemental.
Título do debuxo: "Alejandro tocando o trombón"

Debuxo de Diego Rodríguez Vázquez
"Alejandro tocando o trombón"
O debuxo permanecerá exposto na planta baixa do Conservatorio.
GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!


Próximamente publicarse a temática do concurso a celebrar na segunda avaliación.


domingo, 3 de decembro de 2017

Seguimos avanzando...

O Equipo Directivo do CMUS Xoan Montes quere compartir con toda a comunidade educativa ás numerosas actividades que se celebrarán este ano no centro:



Concurso de Solistas

O 9 de febreiro de 2018 celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:


Prazo de inscripción: do 4 ao 15 de decembro.


Nota: Corrección de erros (con data de 6 de febreiro)