• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 20 de decembro de 2016:

Aviso: Concerto da banda infantil -CANCELADO-

O Concerto da Banda Infantil que se ía celebrar este mércores día 21 de decembro cancélase debido a un inconveniente de última hora.

O concerto celebrarase o vindeiro mes de xaneiro.

Publicado o luns, 19 de decembro de 2016:

Concerto de Ana María Valderrama (violín) e Luis del Valle (piano)

Mércores, 21 de decembro de 2016
20:00 h.   Círculo das Artes

Ana María Valderrama, violín
(A única ganadora española do Premio Sarasate)
 Luis del Valle, piano

    Obras de Schumann, Saint-Saëns, Sarasate, Dubois e Chopin 

    Publicado o venres, 16 de decembro de 2016:

    Publicado o xoves, 15 de decembro de 2016:

    Concerto da Banda Filarmónica de Lugo

    Domingo, 18 de decembro de 2016      
    20:00 h.   Círculo das Artes

    BANDA FILARMÓNICA DE LUGO
     Iván Martínez Sabio, director


    • José Alberto Pina (n. 1984) - O Triángulo das Bermudas (2009)
    • Thomas Doss (n. 1966) - Messengers of Light (2009)
    • Franco Cesarini (n. 1961) - Greek Folk Song Suite, Op. 25 (2002) 

    Publicado o martes, 13 de decembro de 2016:

    Concerto didáctico no Clube Fluvial de Lugo

    O vindeiro sábado 17 de decembro ás 12:30 horas, haberá un concerto didáctico para os nenos e non tan nenos a cargo do grupo Zoar ensemble.



    https://www.youtube.com/user/zoarensemble


    Publicado o mércores, 7 de decembro de 2016:

    2º premio de Marta Rodríguez Otero no V Concurso Cidade de Vigo


    Marta Rodríguez Otero, alumna do 6º curso do Grao Profesional de Viola, obtivo o pasado o segundo premio (categoría C) no 5º Concurso Cidade de Vigo, de violín, viola e violonchelo. 

    ¡¡As nosas felicitacións a ela e a todo o seu equipo de profesores!!

    Publicado o venres, 2 de decembro de 2016:

    Gañadores do Concurso Intercentros Melómano

    O alumno de saxofón do Conservatorio Xoan Montes de Lugo Alfonso Huerta obtén o primeiro posto na fase autonómica do Certamen Intercentros Melómano, onde ademáis tiveron unha moi boa actuación os outros participantes do centro.

    Parabéns do Equipo Directivo do CMUS de Lugo: 

    "Os nosos parabéns non só a Alfonso, Iria e Anxo polo seu traballo e esforzo, se non tamén a Marta Rodríguez, alumna non premiada que nos ofreceu unha fantástica actuación. Os nosos parabéns aos seus profesores e ás súas familias polo apoio e motivación adicados."