• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o domingo, 20 de decembro de 2015:

La Sonrisa Nómada

O pasado 5 de decembro de 2015 o noso compañeiro Diego Segade, profesor de viola de este centro, apareceu no artigo "La Sonrisa Nómada" do número 13 da revista Global Education elaborada pola asociación ANHCR ACNUR.

Nese impactante artigo fala da aventura solidaria na que próximamente participará xunto co seu amigo Iván.

Podedes ver máis detalles tanto no artigo como na web na que o explica:

artigo "La Sonrisa Nómada" (páxinas 15 a 20) 


LSN_01
¡Moita sorte nese estupendo proxecto!



Publicado o venres, 18 de decembro de 2015:

Concurso de Solistas


O 2 de marzo de 2016 celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:

Bases do Concurso e Inscripción

Prazo de inscripción: dende o 25 de xaneiro ao 5 de Febreiro.




Publicado o luns, 14 de decembro de 2015:

Concerto da Banda Filharmónica de Lugo

BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO
Iván Martínez Sabio, director


Domingo, 20 de decembro de 2015
19:30 h Círculo das Artes

Concerto de Nadal:
  • Eric Whitacre (EEUU, 1970) - Lux Aurumque (2005)
  • Thomas Doss (Austria, 1966) - Colors of Tali (2008) 
  • Eric Whitacre (EEUU, 1970) - The Seal Lullaby (2008)
  • Bert Appermont (Belgica, 1973) - Celtic Child (2005)
Colabora: Coro Infantil do Conservatorio Xoán Montes de Lugo


Publicado o xoves, 10 de decembro de 2015:

nota informativa

Por mor do concerto de Nadal deste Conservatorio, que terá lugar o vindeiro Xoves 17 de Decembro no salón rexio do Circulo das Artes, o centro permanecerá pechado a partires das 15 horas.

Dereitos Humanos Xa!



Publicado o martes, 1 de decembro de 2015:

Novidades Curso 2015/16

Acceso a CentrosNet:

A partires deste curso 2015/16 os alumnos, pais, nais e titores legais poden ver as Cualificacións, Faltas de Asistencia, Horarios, etc... a través da plataforma CentrosNet.


  • na Conserxería do Centro
  • na Biblioteca.
  • na páxina web do centro.

Aqueles que non dispoñan dun dispositivo con conexión a internet, poderán acceder dende os ordenadores dispoñibles na biblioteca.

Nota: O acceso todavía non está dispoñible dende sistemas Android.


Faltas de Asistencia:

Este ano as faltas de asistencia dos alumnos son notificadas únicamente a través da plataforma CentrosNet.

Os alumnos, pais, nais e titores legais terán que acceder á mesma para supervisar a asistencia dos alumnos.

Toda a información está no documento Faltas de Asistencia e Puntualidade que está dispoñible na web e na Conserxería do centro.

Manuel Doel 3º clasificado no Concurso Intercentros


Manuel Doel Carreira, alumno de saxofón do CMUS Xoan Montes de Lugo, foi o 3º clasificado na fase autonómica do Concurso Intercentros.