• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o mércores, 4 de novembro de 2015:

A violista Isabel Villanueva, Premio "O Ollo Crítico" de RNE de Música Clásica

O Premio 'O Ollo Crítico' de Música Clásica 2015 recaeu na violista Isabel Villanueva que foi elixida "pola súa competencia técnica e a súa expresividade á hora de dedicarse a un instrumento tan difícil como pouco valorado: a viola" .

O fallo do xurado tamén recoñeceu a súa alta capacidade para sacar á luz un repertorio descoñecido pero moi valioso, outorgando especial importancia ás composicións de autores actuais tanto españois como estranxeiros.

Dende o Departamento de Corda Friccionada sinalamos este premio con especial agarimo xa que en febreiro deste ano participou no centro dando un curso e un recital de viola. 

Para disfrutar do seu talento, podedes ver por exemplo a seguinte estupenda grabación: