• O centro permanecerá pechado entre o luns 3 e o venres 14 de agosto. Dende o luns 17 o seu horario será de 09:30 a 13:00 horas

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es


Publicado o mércores, 16 de setembro de 2015:

Entrevista a Manuel Doel


Manuel Doel Carreira, alumno de saxofón do CMUS Xoan Montes de Lugo, foi seleccionado para participar no festival Peregrinos Musicales de Santiago de Compostela. 


Ao longo da vindeira semana tocará en varios concertos do festival, onde conviven músicos de Rusia, Holanda e Galicia.