• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 26 de xuño de 2015:

Conferencia e curso de Canto

Enrique Paz Escudero
O vindeiro Luns día 29 de Xuño ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio terá lugar unha conferencia a cargo do tenor Enrique Paz Escudero, que foi alumno de Alfredo Kraus.

Ao día seguinte, 30 de xuño ás 11 horas haberá un curso de canto para os alumnos do centro, no auditorio tamén. poderá asistir público e toda a xente que queira ir como oínte, de forma gratuita.