Versión para Móbil/Tablet.
Para ver todo o contido da web
fai click no ordenador -->

  • Nova data de consulta de cualificacións: a partires do 5 de xuño
  • Datas de interese para o alumnado
  • Horario de atención ao público na secretaría: de 11 a 13 horas

AVISO IMPORTANTE:

Debido ao virus Covid-19 e seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional toda a actividade lectiva de este centro, queda suspendida ata novo aviso.

ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE:

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

A medida que se teña información nova en relación a prazos, inscricións, matrículas etc, irase publicando.



venres, 26 de xuño de 2015

Conferencia e curso de Canto

Enrique Paz Escudero
O vindeiro Luns día 29 de Xuño ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio terá lugar unha conferencia a cargo do tenor Enrique Paz Escudero, que foi alumno de Alfredo Kraus.

Ao día seguinte, 30 de xuño ás 11 horas haberá un curso de canto para os alumnos do centro, no auditorio tamén. poderá asistir público e toda a xente que queira ir como oínte, de forma gratuita. 



martes, 23 de xuño de 2015

Proba de Acceso a 1º de Grao Elemental: Resultados

Aqueles aspirantes que obtiveron praza deberán formalizar a matrícula do 24 de xuño ao 16 de xullo.

Poderán elexir outra especialidade o Xoves 25 de Xuño ás 18h na Aula de Orquestra


venres, 19 de xuño de 2015

Proba de Acceso a 1º de Grao Profesional: Resultados


Aqueles que obtiveron praza deberán formalizar a matrícula do 24 de xuño ao 16 de xullo.


Proba de Acceso a 1º de Grao Elemental: Horarios

A Proba de Acceso a 1º Grao Elemental será os días 19 e 22 de Xuño na Aula 1.14


O resultado da Proba publicarase o Martes 23 a partir das 12h

Os aspirantes que superasen a proba pero non obtivesen praza poderán elexir outra nunha reunión que se celebrará o Xoves 25 de Xuño ás 18h na aula de orquestra.


mércores, 10 de xuño de 2015

VII Curso Internacional de Música de León

Do 24 ao 31 de Xullo de 2015, destinado a todos os niveis das especialidades ofertadas. Toda a información na:

martes, 9 de xuño de 2015