• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 23 de abril de 2015:

Resonancias en Movemento

Espectáculo de música e danza a cargo do grupo de danza contemporánea do CDAN de Lugo e do Grupo de Percusión do CMUS Xoan Montes de Lugo.

Venres 24 de abril 20:30h
Auditorio Gustavo Freire



Duración, intensidade, altura e timbre: estes son os catro parámetros do son como fenómeno acústico considerados e estudados tradicionalmente, pero a estas catro cualidades hai que engadirlles unha máis, que toma vida e emerxe no contexto dunha sala ou espazo concreto, a resonancia.

“Resonancias en Movemento” é un espectáculo de música e danza que reflexiona sobre as diferentes formas nas que a resonancia pode ser tratada e abordada, así como os reflexos e fisicalizacións que poden inspirar na danza.

Dende as reverberacións naturais do son dun vibráfono ou dunha lira nos Postludes de Elliot Cole e no Evensong de Stuart Saunders Smith, ata complexas técnicas de retardo-delay electrónico creadas con sistemas dixitais en Hinchinbrook Riffs ou en Diving Bell, pasando por diferentes formas texturais creadas pola mente de compositores que sentiron fascinación por esta máxica cualidade do son, tanto música como danza camiñarán xuntas na busca dunha sinerxia que converta sensacións paralelas (ondas sonoras e movementos) nun todo máxico.