• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o domingo, 20 de decembro de 2015:

La Sonrisa Nómada

O pasado 5 de decembro de 2015 o noso compañeiro Diego Segade, profesor de viola de este centro, apareceu no artigo "La Sonrisa Nómada" do número 13 da revista Global Education elaborada pola asociación ANHCR ACNUR.

Nese impactante artigo fala da aventura solidaria na que próximamente participará xunto co seu amigo Iván.

Podedes ver máis detalles tanto no artigo como na web na que o explica:

artigo "La Sonrisa Nómada" (páxinas 15 a 20) 


LSN_01
¡Moita sorte nese estupendo proxecto!



Publicado o venres, 18 de decembro de 2015:

Concurso de Solistas


O 2 de marzo de 2016 celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:

Bases do Concurso e Inscripción

Prazo de inscripción: dende o 25 de xaneiro ao 5 de Febreiro.




Publicado o luns, 14 de decembro de 2015:

Concerto da Banda Filharmónica de Lugo

BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO
Iván Martínez Sabio, director


Domingo, 20 de decembro de 2015
19:30 h Círculo das Artes

Concerto de Nadal:
  • Eric Whitacre (EEUU, 1970) - Lux Aurumque (2005)
  • Thomas Doss (Austria, 1966) - Colors of Tali (2008) 
  • Eric Whitacre (EEUU, 1970) - The Seal Lullaby (2008)
  • Bert Appermont (Belgica, 1973) - Celtic Child (2005)
Colabora: Coro Infantil do Conservatorio Xoán Montes de Lugo


Publicado o xoves, 10 de decembro de 2015:

nota informativa

Por mor do concerto de Nadal deste Conservatorio, que terá lugar o vindeiro Xoves 17 de Decembro no salón rexio do Circulo das Artes, o centro permanecerá pechado a partires das 15 horas.

Dereitos Humanos Xa!



Publicado o martes, 1 de decembro de 2015:

Novidades Curso 2015/16

Acceso a CentrosNet:

A partires deste curso 2015/16 os alumnos, pais, nais e titores legais poden ver as Cualificacións, Faltas de Asistencia, Horarios, etc... a través da plataforma CentrosNet.


  • na Conserxería do Centro
  • na Biblioteca.
  • na páxina web do centro.

Aqueles que non dispoñan dun dispositivo con conexión a internet, poderán acceder dende os ordenadores dispoñibles na biblioteca.

Nota: O acceso todavía non está dispoñible dende sistemas Android.


Faltas de Asistencia:

Este ano as faltas de asistencia dos alumnos son notificadas únicamente a través da plataforma CentrosNet.

Os alumnos, pais, nais e titores legais terán que acceder á mesma para supervisar a asistencia dos alumnos.

Toda a información está no documento Faltas de Asistencia e Puntualidade que está dispoñible na web e na Conserxería do centro.

Manuel Doel 3º clasificado no Concurso Intercentros


Manuel Doel Carreira, alumno de saxofón do CMUS Xoan Montes de Lugo, foi o 3º clasificado na fase autonómica do Concurso Intercentros. 



Publicado o sábado, 28 de novembro de 2015:

Publicado o xoves, 26 de novembro de 2015:

Nota de Prensa no Progreso: As horas que non se perden

Artigo de prensa do diario El Progreso, con data de 26 de Novembro de 2015

Publicado o venres, 20 de novembro de 2015:

VI Certame Creativo para Estudantes

O certame está convocado polo Departamento de Composición coa finalidade de estimular e difundir as manifestacións creativas do alumnado a través da composición musical.

Do 22 de febreiro ata o 1 de marzo de 2016.



Publicado o xoves, 19 de novembro de 2015:

Concerto: Winterreise (F. Schubert)


Mércores 25 de novembro ás 20 h
Círculo das Artes


Publicado o luns, 16 de novembro de 2015:

Publicado o venres, 13 de novembro de 2015:

Concerto de Piano: Gema Arias

Chopin, Brahms, Granados, Adams e Ravel
ver programa completo

Xoves 19 de Novembro 19:15 h
Auditorio do CMUS


Publicado o xoves, 12 de novembro de 2015:

Exposición de instrumentos e Concerto

  

Exposición de instrumentos: do 17 ao 27 de novembro
Concerto de Abraham Cupeiro: aplazado por enfermidade
NOVA DATA do concerto: 27 de novembro ás 18 h


Publicado o mércores, 11 de novembro de 2015:

Publicado o martes, 10 de novembro de 2015:

Publicado o mércores, 4 de novembro de 2015:

A violista Isabel Villanueva, Premio "O Ollo Crítico" de RNE de Música Clásica

O Premio 'O Ollo Crítico' de Música Clásica 2015 recaeu na violista Isabel Villanueva que foi elixida "pola súa competencia técnica e a súa expresividade á hora de dedicarse a un instrumento tan difícil como pouco valorado: a viola" .

O fallo do xurado tamén recoñeceu a súa alta capacidade para sacar á luz un repertorio descoñecido pero moi valioso, outorgando especial importancia ás composicións de autores actuais tanto españois como estranxeiros.

Dende o Departamento de Corda Friccionada sinalamos este premio con especial agarimo xa que en febreiro deste ano participou no centro dando un curso e un recital de viola. 

Para disfrutar do seu talento, podedes ver por exemplo a seguinte estupenda grabación:



Publicado o domingo, 1 de novembro de 2015:

Concerto do Cuarteto Brentano

Misha Amory, viola 
Serena Canin, violín
Nina Lee, violonchelo
Mark Steinberg, violín

Programa: 
  •  R. Schumann - Cuarteto nº 1 en La m, Op. 41
  •  L. v. Beethoven - Cuarteto nº 16 en Fa M, Op. 135
  •  F. Mendelssohn - Cuarteto en Mi b, Op. 12

máis información: filarmonicadelugo.com

Venres 6 de novembro - 20:30h
Círculo das Artes 

Gratuito para os alumnos do CMUS presentando o carnet do centro


Festival de Jazz 2015




Publicado o mércores, 21 de outubro de 2015:

14º Certamen Intercentros Melómano


A fase autonómica de Galicia do Grao Profesional do 14º Certamen Intercentros Melómano terá lugar o 28 de novembro de 2015 ás 10:30h no Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol. 

Como novedad, este ano a inscripción debe realizarse por parte dos centros a través do formulario online da web:


O prazo de inscripción estará aberto ata o día 31 de outubro.


Publicado o luns, 12 de outubro de 2015:

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Christoph König, diretor Programa:

Programa: 
  •  L. Boccherini - Sinfonía nº 6 en Re menor, Op. 12 "A Casa do Diaño"
  • J. Haydn - Sinfonía nº 97 en Do M
  • F. Mendelssohn - Sinfonía nº 1 en Do m, Op. 11

máis información: filarmonicadelugo.com

Venres 16 de outubro - 20:30h
Círculo das Artes 

Gratuito para os alumnos do CMUS presentando o carnet do centro

Publicado o venres, 2 de outubro de 2015:

Concerto-Presentación CD da Banda Filarmónica de Lugo

No próximo sábado día 3 de outubro de 2015, despois do pregón das festas, haberá un concerto no Círculo das Artes de Lugo ás 21:00 horas

Nesta actuación, a Banda Filarmónica de Lugo presentará o seu primeiro CD, fruto do traballo realizado durante estes anos.


máis información en: banda.filarmonicadelugo.com

Publicado o martes, 29 de setembro de 2015:

Música x Siria

Concertos solidarios a favor dos refuxiados da guerra de Siria:


Concerto 9 Outubro no Ágora (A Coruña) ás 20 h. (Entrada 10€)
Alber Ponte, Birimbao, Jose Ángel Colorado, Julio Suárez & Backyards La Habitación de la Música 

Concerto 16 Outubro no Conservatorio Superior da Coruña ás 19 h. (Entrada libre)
Dúo Bacewicz, La Xácara, O Pequecoro do Xan Viaño, Os 2 de Sempre +1 e Pablo Rodríguez

A recadación irá destinada a/os refuxiad@s da guerra de Siria a través de Oxfam-Intermón



Publicado o venres, 25 de setembro de 2015:

RTA Piano: Grupos e Horarios

Grupos e horarios de Repentización e Acompañamento na especialidade de Piano:



Publicado o mércores, 23 de setembro de 2015:

Protocolo de Elección de Horarios

Os alumnos á hora da elección de horario deberán escoller no seguinte orden establecido no centro:

Banda de Grao Elemental


As clases da Banda de Grao Elemental comezarán o vindeiro Xoves, día 1 de outubro, de 18:00 a 20:00 h. Na aula de orquestra.

Asignación de Grupos de Composición


Despois de haber elixido no acto de elección de horarios, os grupos das materias de Novas Tecnoloxías, Harmonía, Historia da Música e Análise quedan así:


Aos alumnos/as que non asistiron ao acto se lles adxudicou os grupos menos numerosos, tal e como quedaron tras a elección dos que estaban presentes.



AVISO: A listaxe foi actualizada o 25/9/2015 as 14 horas



Publicado o martes, 22 de setembro de 2015:

Horarios de Cámara e Conxunto pendentes

Horarios dos alumnos que non asistiron á elección de horarios que tivo lugar o Luns 21:




Publicado o luns, 21 de setembro de 2015:

Publicado o venres, 18 de setembro de 2015:

Grupos Definitivos de Linguaxe Musical


LISTAXES DEFINITIVOS


Grupos de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal:


Horarios de Itinerarios e Optativas de 6º GP

Horarios Itinerarios e Optativas no 6º curso de grao profesional:

  • Interpretación: Martes, de 21:00 a 22:00 h.  Fonoteca Prof.: Dª Lourdes Santos Sanz 
  • Pedagoxía: Mércores de 20:00 a 21:00 h.  Aula B.4 Prof.: D. Daniel Borja Durán Alonso
  • Coro: Martes, de 20:00 a 21:00 h.  Aula Orquestra Prof.: Dª Lucía Abelairas Lemos

Departamento de Composición: Elección de Horarios


Elección de horarios e grupos para ás materias de Novas Tecnoloxías, Harmonía, Historia da Música e Análise:




Publicado o xoves, 17 de setembro de 2015:

Elección de Horarios de Instrumento, Canto e Piano Complementario

Asignación de aulas para a elección de horarios nas especialidades instrumentales e  canto o xoves 24 e venres 25 de setembro ás 18:00 h, e da especialidad de piano complementario o mércores 23 ás 18:00 h.

Asignación de aulas

AVISO CAMBIO DE AULA: á profesora Dolores García Baamonde, utilizará a aula B5 en vez da 2.3 e 2.5 

Publicado o mércores, 16 de setembro de 2015:

Horarios de Orquestra, Banda e Coro

Agrupacións:



Os ensaios de todas as agrupacións serán na Aula de Orquestra.


Entrevista a Manuel Doel


Manuel Doel Carreira, alumno de saxofón do CMUS Xoan Montes de Lugo, foi seleccionado para participar no festival Peregrinos Musicales de Santiago de Compostela. 


Ao longo da vindeira semana tocará en varios concertos do festival, onde conviven músicos de Rusia, Holanda e Galicia.



Grupos Provisionais de Linguaxe Musical


LISTAXES PROVISIONAIS 
(os definitivos publicaranse o Venres 18 ás 20 horas)




Grupos de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal:


Prazo para solicitar cambio de grupo (Recoller e entregar a solicitude debidamente cumprimentada na conserxería do Conservatorio) :

Venres 18, ás 14:00 horas

Nota:
O departamento de linguaxe musical soamente aceptará solicitudes que teñan como causa a asistencia a actividades extraescolares se isto non fai que se exceda o número máximo de alumnos establecido.


Publicado o martes, 15 de setembro de 2015:

Guía do Alumnado

Para todos aqueles alumnos/as de nova incorporación ao CMUS Xoán Montes de Lugo

Publicado o mércores, 2 de setembro de 2015:

Horarios de Setembro


16 DE SETEMBRO:
  • 17:00 h.- Publicación de horarios de Linguaxe musical de Grao Elemental.
17 DE SETEMBRO:
  • 17:00 h.- Publicación de horarios de Linguaxe musical de Grao Profesional.
18 DE SETEMBRO:
  • 16:00 h. - Publicación de horarios de Coro.
  • 17:00 h. - Elección de horarios de R.T.A. (aula de orquestra)
21 DE SETEMBRO:
  • 17:00 h.- Publicación de horarios de Banda e Orquestra
  • 18:00 h.- Elección de horarios de Conxunto e Música de Cámara (auditorio do centro)
22 DE SETEMBRO:
  • ELECCIÓN DE HORARIOS:
    • 18:00 h.- Harmonía de 3º G.P. e Novas Tecnoloxías.
    • 19:00 h.- Harmonía de 4º G.P.
    • 19:30 h.- Historia da música de 4º e 5º G.P.
    • 20:30 h.- Análise de 5º e 6º G.P.(aula de orquestra)
23 DE SETEMBRO:
  • 18:00 h.- Elección de horarios de Piano Complementario.
24  e 25 DE SETEMBRO:  
  • 18:00 h.- Elección de horarios de Instrumento.


Publicación de listaxes:

O día 10 de setembro se publicarán as seguintes listaxes: 

  1. Alumnos/as admitidos/as que non tiveron que realizar Probas de acceso. 
  2. Alumnos/as que obtiveron praza e realizaron proba de Acceso a 2º, 3º e 4º de grao elemental e a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao profesional. 
  3. Aspirantes a 1º grao elemental que se lles Adxudicou especialidade o día 9. 

 Prazo de matrícula: días 10 e 11 de Setembro


Publicado o martes, 4 de agosto de 2015:

Aspirantes de 1º Grao Elemental en Lista de Espera

Elección de especialidade para os aspirantes a 1º grao elemental que quedaron en lista de espera no mes de xuño: 

Día 9 de setembro, ás 17:00 h. No auditorio do centro.

Solicitude de Cambio de Profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2015/16, días 3, 4 e 7 de Setembro de 2015.

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violoncello, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Publicado o mércores, 29 de xullo de 2015:

Probas de Acceso de setembro

Días 3 e 4 de Setembro, tribunáis das probas de acceso na convocatoria de setembro para:
  • 2º, 3º, 4º de Grao Elemental
  • 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional

Día 7 de Setembro publicación das notas

Exames de Setembro (alumnos oficiais)

Convocatoria de Setembro para alumnos oficiais:

Datas e horarios dos exames

Aulas (materias de Instrumento, Conxunto, Piano Complementario e Música de Cámara)

A entrega de notas será o día 4 de Setembro a partir das 18h na conserxería do centro.
O prazo de matrícula será os días 7 e 8 de setembro.

Publicado o venres, 26 de xuño de 2015:

Conferencia e curso de Canto

Enrique Paz Escudero
O vindeiro Luns día 29 de Xuño ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio terá lugar unha conferencia a cargo do tenor Enrique Paz Escudero, que foi alumno de Alfredo Kraus.

Ao día seguinte, 30 de xuño ás 11 horas haberá un curso de canto para os alumnos do centro, no auditorio tamén. poderá asistir público e toda a xente que queira ir como oínte, de forma gratuita. 



Publicado o martes, 23 de xuño de 2015:

Proba de Acceso a 1º de Grao Elemental: Resultados

Aqueles aspirantes que obtiveron praza deberán formalizar a matrícula do 24 de xuño ao 16 de xullo.

Poderán elexir outra especialidade o Xoves 25 de Xuño ás 18h na Aula de Orquestra


Publicado o venres, 19 de xuño de 2015:

Proba de Acceso a 1º de Grao Profesional: Resultados


Aqueles que obtiveron praza deberán formalizar a matrícula do 24 de xuño ao 16 de xullo.