• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 30 de decembro de 2014:

Concerto de Os Minhotos

OS MINHOTOS é o son acadado e consolidado dun entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construcción de instrumentos musicais.

OS MINHOTOS combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

OS MINHOTOS é o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo.

Os compoñentes de OS MINHOTOS son:
  • Alberto Castro: Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo 
  • Bruno Villamor: Gaitas (Re, Do, Sol), Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril. 
  • Paula Fernández: Acordeón. 
  • Vitor Otero: Zanfona, Gaita, Percusións. 
  • Xaneco Tubío: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo
XOVES 15 de XANEIRO
20 horas no Auditorio do CMUS