• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 30 de decembro de 2014:

Concerto de Os Minhotos

OS MINHOTOS é o son acadado e consolidado dun entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construcción de instrumentos musicais.

OS MINHOTOS combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

OS MINHOTOS é o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo.

Os compoñentes de OS MINHOTOS son:
  • Alberto Castro: Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo 
  • Bruno Villamor: Gaitas (Re, Do, Sol), Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril. 
  • Paula Fernández: Acordeón. 
  • Vitor Otero: Zanfona, Gaita, Percusións. 
  • Xaneco Tubío: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo
XOVES 15 de XANEIRO
20 horas no Auditorio do CMUS

Publicado o venres, 12 de decembro de 2014:

¡Felices Festas!

O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes deséxavos a todos...

¡Felices Festas de Nadal!



Publicado o xoves, 11 de decembro de 2014:

Concurso de Solistas


O 6 de febreiro celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:

Bases do Concurso e Inscripción

Prazo de inscripción: dende o 15 ao 19 de Decembro.



Publicado o venres, 5 de decembro de 2014:

Publicado o xoves, 4 de decembro de 2014:

Concerto dos Dereitos Humanos

Concerto conmemorativo do 66º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a cargo do Coro infantil e do Ensemble de Clarinetes do CMUS Xoán Montes.

Auditorio do Conservatorio
Mércores 10 de Decembro
ás 20 horas


Publicado o mércores, 3 de decembro de 2014:

Publicado o luns, 1 de decembro de 2014:

Yes, we Bach!


V Certame Creativo para Estudantes


O certame está convocado polo Departamento de Composición coa finalidade de estimular e difundir as manifestacións creativas do alumnado a través da composición musical.

Do 23 de febreiro ata o 2 de marzo de 2015.