• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o mércores, 19 de novembro de 2014:

Conmemoración Festividade de Santa Icía e do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


MARTES DÍA 25 AS 20,00 h
Auditorio do CMUS “Xoán Montes”

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (DIEVCM) foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999. 

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar ás irmás Mirabal (Patricia, Minerva e Mª Teresa), tres activistas políticas dominicanas asasinadas en 1960. 

O EDLG súmase aos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha axenda de actividades. Este ano, o EDLG adhírese á campaña internacional de Nacións Unidas ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres e invita a comunidade escolar a participar nas actividades e actos que se van levar a cabo. ÚNETE! 


PROGRAMA
  • Charla coloquio co compositor D. Fernando Buide Del Real.
  • Estrea absoluta da versión de cámara da obra TROPOS, dirixida polo compositor.
  • Acto académico na honra de Sta Icía.
  • Entrega das matrículas de honra do curso pasado.
  • Entrega dos diplomas os gañadores do IV Concurso Creativo.
  • Concerto de profesores.
  • Concerto de alumnos.