• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 31 de xullo de 2014:

Matrícula de Setembro

Os prazos son os seguintes:

  • Alumnos oficiais con materias pendentes para convocatoria de setembro: 3 e 4 de Setembro
  • Alumnos de novo acceso11 e 12 de Setembro



Alumnos de novo acceso ao centro

O día 10 de setembro publicaranse as listaxes de:
  • Alumnos/as admitidos/as que non tiveron que realizar probas de acceso.
  • Alumnos/as que obtiveron praza e realizaron proba de acceso a 2º,3º e 4º de Grao Elemental e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional.
  • Aspirantes a 1º de Grao Elemental aos que se lles adxudicou especialidade o día 9 de setembro

O Prazo de Matrícula para estes alumnos será os días 11 e 12 de setembro.


Listaxe de espera de 1º GE

Os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en listaxe de espera no mes de xuño terán a Elección da Especialidade o:

Día 9 de setembro, ás 18h no Auditorio do centro.


Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2014/15, do 3 ao 5 de Setembro (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violoncello, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Probas de Acceso de Setembro


As Probas de Acceso de 2º a 4º de Grao Elemental e de 2º a 6º de Grao Profesional serán os días 3 e 4 de setembro.


A publicación das notas será o día 5 de setembro ás 12 h


Exames de Setembro


As probas serán os días 1 e 2 de setembro.


A entrega de notas será o día 3 de setembro a partir das 18h na conserxería do centro.

O prazo de matrícula para os alumnos oficiais con materias pendentes para a convocatoria de setembro será os días 4 e 5 de setembro.