Xoves 3 de Abril - Círculo das Artes
ILYA KALER, violín
AMIT PELED, violoncello
ALON GOLDSTEIN, piano
 |
Tempest Trio |
O Tempest é un dos tríos máis prestixiosos do panorama musical mundial. Foron comparados co lendario trío do "Millón de dólares" formado polo pianista Arthur Rubinstein, o violinista Jascha Heifetz e o chelista Gregor Piatigorsky na década de 1940. "Eu cría que era unha esaxeración ata que os escoitei" (Reading Eagle).
Tres apuntes: Ilya Kaler é o único violinista que gañou as tres competicións máis prestixiosas: a International Tchaikovsky Competition (1986), o Sibelius (1985) e o Paganini (1981). Amit Peled tivo a honra de recibir no ano 2012 o famoso violoncelo Goffriller que pertenceu ao lendario Pau Casals. Alon Goldstein foi o pianista elixido polo Tokyo String Quartet para a súa xira de despedida por EE.UU. no 2013...
L.v. Beethoven - Piano Trio nº 4 en Si bemol Maior, Op. 11
L. Bernstein - Piano Trio
A. Dvorak - Piano Trio n º 3 en Fa menor, Op. 65
A entrada é gratuita para os alumnos do centro
(presentando o carnet do Conservatorio)