• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 10 de febreiro de 2014:

6 e 7 de marzo días non lectivos

O Calendario Escolar 2013/14 publicado pola Consellería de Educación, sinala os días 3, 4 e 5 de Marzo como as Vacacións de Entroido.

Asemade os días 6 e 7 de marzo tampouco haberá clase por ser elexidos como días non lectivos polo centro.

Polo tanto non haberá clase en toda esa semana. As clases reanudaránse o luns día 10 de Marzo.

Non obstante o centro permanecerá aberto nas dependencias administrativas toda esa semana de 9 a 14 horas, exceptuando o martes 4 que estará pechado.