• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 30 de decembro de 2014:

Concerto de Os Minhotos

OS MINHOTOS é o son acadado e consolidado dun entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construcción de instrumentos musicais.

OS MINHOTOS combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

OS MINHOTOS é o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo.

Os compoñentes de OS MINHOTOS son:
  • Alberto Castro: Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo 
  • Bruno Villamor: Gaitas (Re, Do, Sol), Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril. 
  • Paula Fernández: Acordeón. 
  • Vitor Otero: Zanfona, Gaita, Percusións. 
  • Xaneco Tubío: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo
XOVES 15 de XANEIRO
20 horas no Auditorio do CMUS

Publicado o venres, 12 de decembro de 2014:

¡Felices Festas!

O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes deséxavos a todos...

¡Felices Festas de Nadal!



Publicado o xoves, 11 de decembro de 2014:

Concurso de Solistas


O 6 de febreiro celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:

Bases do Concurso e Inscripción

Prazo de inscripción: dende o 15 ao 19 de Decembro.



Publicado o venres, 5 de decembro de 2014:

Publicado o xoves, 4 de decembro de 2014:

Concerto dos Dereitos Humanos

Concerto conmemorativo do 66º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a cargo do Coro infantil e do Ensemble de Clarinetes do CMUS Xoán Montes.

Auditorio do Conservatorio
Mércores 10 de Decembro
ás 20 horas


Publicado o mércores, 3 de decembro de 2014:

Publicado o luns, 1 de decembro de 2014:

Yes, we Bach!


V Certame Creativo para Estudantes


O certame está convocado polo Departamento de Composición coa finalidade de estimular e difundir as manifestacións creativas do alumnado a través da composición musical.

Do 23 de febreiro ata o 2 de marzo de 2015.


Publicado o venres, 28 de novembro de 2014:

Publicado o luns, 24 de novembro de 2014:

Ciclo Tríos de Beethoven

CONCERTO 1

Martes, 25 de novembro 2014
20:00 h
CASA DO SABER
Entrada gratuíta ata completar aforo

  • Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Trío para piano, violín e violonchelo en Re Maior op.70 núm.1
  • Ernest Bloch (1880-1959):
Tres Nocturnos para piano-trío
  • Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Trío para piano, violín e violonchelo en Mi bemol Maior op.70 núm.2


TRÍO CASSADÓ:

YULIA PETRUSHEVSKAYA
violín THOMAS PIEL
violonchelo JAVIER VILA, piano


Publicado o domingo, 23 de novembro de 2014:

Publicado o xoves, 20 de novembro de 2014:

Concerto de Miki Nervio & The Bluesmakers

O afamado grupo de blues Miki Nervio & The Bluesmakers ofrecerá mañá, venres 21 de novembro, ás 20:00 h, un concerto no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros (recentemente remodelado). 

O concerto é de entrada gratuita.



Publicado o mércores, 19 de novembro de 2014:

Conmemoración Festividade de Santa Icía e do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


MARTES DÍA 25 AS 20,00 h
Auditorio do CMUS “Xoán Montes”

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (DIEVCM) foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999. 

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar ás irmás Mirabal (Patricia, Minerva e Mª Teresa), tres activistas políticas dominicanas asasinadas en 1960. 

O EDLG súmase aos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha axenda de actividades. Este ano, o EDLG adhírese á campaña internacional de Nacións Unidas ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres e invita a comunidade escolar a participar nas actividades e actos que se van levar a cabo. ÚNETE! 


PROGRAMA
  • Charla coloquio co compositor D. Fernando Buide Del Real.
  • Estrea absoluta da versión de cámara da obra TROPOS, dirixida polo compositor.
  • Acto académico na honra de Sta Icía.
  • Entrega das matrículas de honra do curso pasado.
  • Entrega dos diplomas os gañadores do IV Concurso Creativo.
  • Concerto de profesores.
  • Concerto de alumnos.

Publicado o mércores, 12 de novembro de 2014:

Publicado o luns, 10 de novembro de 2014:

Curso de canto de Elisabet Filgueira


Curso organizado polo Departamento de Canto do CMUS

Datas do Curso: 28-29 de Novembro

Máis información e para apuntarse no:

Publicado o sábado, 8 de novembro de 2014:

Publicado o xoves, 6 de novembro de 2014:

Exposición de saxofóns

A exposición estará hasta mañá venres e consta de varios tipos de saxofóns, dende o soprano ata o baixo.

Hai un de 1902 afinado en fa, unha tonalidade que non se usa,  un soprano curvo e un de cobre como máis diferenciados.


Os instrumentos están na primeira planta en fronte das aulas.


Publicado o mércores, 29 de outubro de 2014:

31 de Outubro Día do Ensino

O Calendario Escolar 2014/15 publicado pola Consellería de Educación, sinala a data do 31 de Outubro como Día do Ensino

Polo tanto non haberá clase e como tal, as portas do noso Conservatorio permanecerán pechadas ao considerarse día non lectivo. As clases reanudaránse o luns día 3 de Novembro.

Publicado o domingo, 26 de outubro de 2014:

Concerto de Marianna Prjevalskaya, Piano

Luns, 3 de novembro               
20:30 h.    Círculo das Artes


Marianna Prjevalskaya

Marianna

Piano


  • L.v. Beethoven, Sonata para piano nº 13 en Mi b M, Op. 27 nº1 "Quasi una fantasía" 
  • C. Debussy, Catro Preludios do Libro I
  • F. Schubert, Sonata para piano en La maior D 959, Op. post.


 Nota:  Os concertos organizados pola Sociedad Filarmónica de Lugo son gratuitos para os alumnos do CMUS presentando o carnet do centro.


Publicado o mércores, 15 de outubro de 2014:

Concerto do Coro Infantil


Concerto do Coro Infantil en "Cociñando contos" 

Este Domingo 19 ás 12.30 no Museo Provincial, con motivo da V Semana do libro.




Publicado o luns, 13 de outubro de 2014:

Concerto da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

 Martes, 21 de outubro                 
 20:30 h.    Círculo das Artes


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave, dirección  


  W. A. Mozart, Obertura de Don Giovanni, KV 527
  W. A. Mozart, Sinfonía nº 38 en Re maior, KV 504 “Praga”
  L. v. Beethoven, Sinfonía nº 2 en Re maior, op 36

 Nota:  Os concertos organizados pola Sociedad Filarmónica de Lugo son gratuitos para os alumnos do CMUS presentando o carnet do centro.


Publicado o luns, 22 de setembro de 2014:

Fe de Erros


  • Debido a un erro na publicación do horario da Banda B revisade a hora de novo:




Disculpade as posibles molestias ocasionadas. O Coordinador TIC


Publicado o venres, 19 de setembro de 2014:

Especialidade Instrumental: Elección de horarios


Será o vindeiro mércores 24 de setembro.

Ver hora e asignación de aulas



Corrección: O profesor de Guitarra que aparece na listaxe como David Arroyos é en realidade Hugo Paradela Macía


Prazo Solicitude Alumnos Oíntes

O prazo para solicitar a asistencia como alumno oínte é do venres 19 ao luns 22 de setembro (ámbolos dous inclusive) 

Hai que entregar a solicitude, debidamente cumprimentada, na conserxería do conservatorio 
A publicación das solicitudes aceptadas é o martes 23.



Grupos Definitivos de Linguaxe Musical


LISTAXES DEFINITIVOS 
(Xa non se admiten cambios)




Grupos Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal de Grao Elemental:

Publicado o xoves, 18 de setembro de 2014:

Horarios e grupos de RTA (piano)

Repentización e Acompañamento (especialidade de piano):

Os alumnos que desexen solicitar cambio de grupo, deberán asistir o Xoves, 18 de setembro ás 20 h, ao Departamento de Linguaxe Musical, para falar cos respectivos profesores.



Horarios e Grupos da Orquestra e Banda de GP

Agrupacións:

  • Orquestra Xuvenil de Grao Profesional:
Xoves de 16 a 18 h

  • Orquestra Profesional de Grao Profesional 
Venres de 16 a 18 h

  • Banda A: 
Mércores de 16 a 18 h 

  • Banda B: 
Mércores de 18 a 20 h  (Correxido)    ¡OLLO!  


Os ensaios de todas as agrupacións serán na Aula de Orquestra.



Publicado o mércores, 17 de setembro de 2014:

Horarios de Coro GP


Coro do Grao Profesional:

  • Alumnos de 1º e 2º GP: Martes de 19 a 20h
  • Alumnos de 3º a 6º GP: Martes de 20 a 21h



Departamento de Tecla: Adxudicacións e cambios de profesor

PIANO:

PIANO COMPLEMENTARIO:



Nota aclaratoria: Os alumnos tanto en Piano como en Piano Complementario que non solicitaron cambio de profesor lóxicamente continuarán co que tiveron o ano pasado.





Horarios Itinerarios de Pedagoxía e Interpretación


  • Itinerario de Interpretación: 
Luns de 21 a 22 h aula B5
Profesora: Dª Lourdes Santos Sanz

  • Itinerario de Pedagoxía: 
Mércores de 20 a 21 h aula B4 
Profesor: D. Daniel Borja Durán Alonso


Departamento de Composición: Elección de horarios e Grupos


A elección de horarios será o Luns, 22 de setembro na Aula de Orquestra á hora indicada:

  • Novas Tecnoloxías 3º GP  18:00 
  • Harmonía 3º GP  18:00  
  • Harmonía 4º GP  19:00 
  • Historia da Música 4º GP  19:30 
  • Historia da Música 5º GP  19:30 
  • Análise 5º GP  20:30 
  • Análise 6º GP  20:30



Publicado o martes, 16 de setembro de 2014:

Grupos Provisionais de Linguaxe Musical


LISTAXES PROVISIONAIS 
(os definitivos publicaranse o Venres 19)




Grupos Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal de Grao Elemental:


Prazo para solicitar cambio de grupo (Recoller e entregar a solicitude debidamente cumprimentada na conserxería do Conservatorio) :
  • Mércores 17 de setembro (todo o día)
  • Xoves 18 de setembro ata as 14 horas

Nota:
Só se atenderán as solicitudes que teñan como causa a incompatibilidade co horario escolar, horario Laboral dos pais, circunstancias familiares, ou permutas entre alumnos/as de dous grupos diferentes. En todos os casos é preciso achegar xustificación escrita.


Publicado o martes, 9 de setembro de 2014:

Adxudicacións de prazas (Probas de acceso, Outros centros, Matrícula viva...)

Listaxe con relación de alumnos que:

  • obtiveron praza por:
    • Probas Acceso, agás 1º G.E.e 1º G.P.
    • Outros Conservatorios
    • Matrícula viva
  • non obtiveron praza nas probas de acceso.



Calendario de Inicio do Curso 2014-15

Toda a información está publicada na Axenda do CMUS


Publicado o martes, 2 de setembro de 2014:

Bandita Infantil

Xa os podedes apuntar á Banda Infantil do conservatorio. Este ano será os xoves ás 18h

A actividade está dirixida a os alumnos de grao elemental de vento, percusión, piano, violonchelo e contrabaixo.

¡Apuntádevos en conserxería!"




Publicado o xoves, 31 de xullo de 2014:

Matrícula de Setembro

Os prazos son os seguintes:

  • Alumnos oficiais con materias pendentes para convocatoria de setembro: 3 e 4 de Setembro
  • Alumnos de novo acceso11 e 12 de Setembro



Alumnos de novo acceso ao centro

O día 10 de setembro publicaranse as listaxes de:
  • Alumnos/as admitidos/as que non tiveron que realizar probas de acceso.
  • Alumnos/as que obtiveron praza e realizaron proba de acceso a 2º,3º e 4º de Grao Elemental e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional.
  • Aspirantes a 1º de Grao Elemental aos que se lles adxudicou especialidade o día 9 de setembro

O Prazo de Matrícula para estes alumnos será os días 11 e 12 de setembro.


Listaxe de espera de 1º GE

Os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en listaxe de espera no mes de xuño terán a Elección da Especialidade o:

Día 9 de setembro, ás 18h no Auditorio do centro.


Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2014/15, do 3 ao 5 de Setembro (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violoncello, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.

Probas de Acceso de Setembro


As Probas de Acceso de 2º a 4º de Grao Elemental e de 2º a 6º de Grao Profesional serán os días 3 e 4 de setembro.


A publicación das notas será o día 5 de setembro ás 12 h


Exames de Setembro


As probas serán os días 1 e 2 de setembro.


A entrega de notas será o día 3 de setembro a partir das 18h na conserxería do centro.

O prazo de matrícula para os alumnos oficiais con materias pendentes para a convocatoria de setembro será os días 4 e 5 de setembro.


Publicado o mércores, 25 de xuño de 2014:

Proba de Acceso a 1º GE: Adxudicacións 2ª volta

Listaxes das adxudicacións da 2ª volta das Probas de Acceso a 1º de Grao Elemental:
  • Relación de aspirantes con praza na 2ª volta: Listaxe 1
  • Relación de aspirantes en lista de espera que cambiaron de especialidade na 2ª volta: Listaxe 2
  • Relación de aspirantes en lista de espera pola especialidade inicialmente solicitada: Listaxe 3
  • Relación de aspirantes que non asistiron á reunión do día 24 de xuño de 2014, e quedan en lista de espera para poder optar a unha praza na 3ª volta a celebrar no mes de setembro (comunicarase día e hora coa debida antelación): Listaxe 4

Publicado o mércores, 18 de xuño de 2014:

Puntuacións Proba de Acceso 1º GE

Listaxes das probas de acceso a 1º de Grao Elemental:
  • Relación de aspirantes con praza nas distintas especialidades: Listaxe A
  • Relación de aspirantes que non obtiveron praza na especialidade solicitada: Listaxe B
    • Relación de Prazas Vacantes que se ofertarán en 2ª volta o 24 de xuñoListaxe B2
  • Relación de aspirantes que non superaron a proba: Listaxe C
  • Relación de aspirantes que non se presentaron: Listaxe D

Publicado o mércores, 11 de xuño de 2014:

Encontro Coral en Ferrol

Este Venres 13 de xuño celebrarase en Ferrol un "Encontro Coral" que contará coa participación do Coro Infantil do CMUS.


Publicado o martes, 10 de xuño de 2014:

Fotos do Concerto de Fin de Curso


Horarios da Proba de Acceso a 1º de GE

A Proba de Acceso a 1º Grao Elemental será os días 16 e 17 de xuño na Aula 1.14



Publicado o domingo, 8 de xuño de 2014:

Publicado o sábado, 7 de xuño de 2014:

Fotos do Coro Infantil en Celanova


VI Curso Internacional de Música Ciudad de León

Do 24 ao 31 de Xullo, destinado a todos os niveis das especialidades ofertadas. Toda a información na:

Publicado o venres, 6 de xuño de 2014:

Concerto de Marcos Mariño (Saxo) e Susana García (piano)

MARCOS MARIÑO VÁZQUEZ, saxofón

SUSANA GARCÍA REGADÍO, piano


Obras de Benedetto Marcello
Robert Schumann
Franz Schubert


MÉRCORES, 11 DE XUÑO
20:00 h. Casa do saber

ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO

Publicado o xoves, 5 de xuño de 2014:

Publicado o mércores, 4 de xuño de 2014:

Entrega de Notas Fináis

A entrega de Notas será o día Xoves 12 de Xuño ás 18 h

Solicitude de Cambio de Profesor

O prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2014/15 e do 16 ao 20 de Xuño de 2014 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violoncello, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.

A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.