• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 23 de decembro de 2013:

Publicado o martes, 17 de decembro de 2013:

Publicado o venres, 13 de decembro de 2013:

Concerto Nadal 2013

O vindeiro mércores 18 de decembro ás 20 horas, celebrarase unha vez máis o tradicional Concerto de Nadal do CMUS, que se celebrará no Círculo das Artes

Ahí tedes o cartel, cun estupendo debuxo que fixo Iago Vazquez de Vega de 1º GE. ¡A ver si aprendedes os maiores!

¡Vémonos alí!

Ilustración de Iago Vázquez de Vega de 1º GE


Publicado o mércores, 11 de decembro de 2013:

Cursiño de Iniciación


Para aqueles nenos/nenas en idade de acceder ao Conservatorio. Neste cursiño os participantes disfrutarán dunha visita guiada polas instalacións do centro, asistencia a clases individuais e colectivas, práctica vocal e instrumental, asistencia a concertos, etc...

DATAS:
  • Venres 28 de Marzo
  • Venres 4 , 11 e 25 de Abril
  • Venres 2 de Maio 
HORARIO
  • de 16:30h a 18:00h




Publicado o venres, 6 de decembro de 2013:

Publicado o martes, 3 de decembro de 2013:

Presentación da Banda Filharmónica de Lugo


Con gran afluencia de público o pasado 29 de novembro presentouse a Banda Filharmónica de Lugo, banda xuvenil vinculada á Sociedade Filharmónica de Lugo e dirixida por Iván Mártinez Sabio no Círculo das Artes de Lugo.

Moitos alumnos deste centro participan na devandita agrupación. Dende aquí dámoslles as grazas a todos eles, a  Iván e á Sociedade Filharmónica que tanto aporta a esta cidade e desexámoslles e esperamos moitos más concertos.


Artigos relaccionados no blog da Orquestra de Frautas de Galicia:

Publicado o martes, 19 de novembro de 2013:

Concurso Creativo "Xoán Montes"



O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo convoca un concurso creativo, sobre a figura do músico lucense Xoán Montes Capón. 

Os traballos participantes amosarán unha semblanza da súa vida e obra e a súa contribución ao mundo da música baixo dúas modalidades: Relato e Banda Deseñada


Plantilla para inscribirse no concurso

A participación está limitada a alumnos matriculados no centro no presente curso 2013-14

Calquera dúbida remitidea a ticcmuslugo@gmail.com


Publicado o martes, 12 de novembro de 2013:

IV Certame Creativo Estudantes

O Departamento de Composición de este centro convoca unha nova edición de este certame coa finalidade de estimular e difundir as manifestacións creativas do alumnado a través da composición musical.

Poden participar alumnos/as de calquera especialidade que estean matriculados no centro no presente curso.

A data límite para a presentación das obras é o 24 de febreiro.


Publicado o mércores, 30 de outubro de 2013:

31 de Outubro Día do Ensino

O Calendario Escolar 2013/14 publicado pola Consellería de Educación, sinala a data do 31 de Outubro como Día do Ensino

Polo tanto non haberá clase e como tal, as portas do noso Conservatorio permanecerán pechadas ao considerarse día non lectivo. As clases reanudaránse o luns día 4 de Novembro.

Publicado o xoves, 3 de outubro de 2013:

Concerto de Severino Ortiz

RECITAL: AS PARÁFRASIS DE LISZT-VERDI


  • Don Carlos Coro e Marcia funebre, S.435
  • Miserere du Trovatore, S.433
  • Ernani-Paraphrase de concert (nº2), S.432
  • Aida Danza sacra e duetto finale, S.436
  • Rigoletto Paraphrase de concert, S.434



VENRES 4 DE OUTUBRO, AS 20:30 h

NO AUDITORIO DO CONSERVATORIO DE MÚSICA 

Publicado o mércores, 18 de setembro de 2013:

Horarios de Repentización e Acompañamento

Horarios de Repentización e Acompañamento para os cursos de 5º e 6º de Grao Profesional:

Ver horarios de 5º e 6º GP

Os alumnos de 4º GP elixen horario o xoves 19 ás 20 horas


Publicado o luns, 16 de setembro de 2013:

Listados dos Grupos de Linguaxe Musical




LISTADOS DEFINITIVOS. 
NON SE ADMITIRAN MÁIS CAMBIOS DE GRUPO




Publicado o domingo, 15 de setembro de 2013:

Calendario escolar - Curso 2013/14

Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Calendario escolar 2013/2014 (DOG)

Setembro
2, 3, 4, 5  Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2012/2013
11 Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
16 Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial

Outubro
31 Día non lectivo. Día do Ensino

Novembro
1 Día non lectivo. Todos os Santos

Decembro
6 Día non lectivo. Día da Constitución
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8  Vacacións de Nadal

Marzo
3, 4, 5 Vacacións de Entroido
6, 7 Días non lectivos escollidos polo centro

Abril
14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21  Vacacións de Semana Santa

Maio
1 Día non lectivo. Festa do traballo

Xuño
20 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional


Publicado o venres, 6 de setembro de 2013:

Elección de Horarios - Resto Materias

  • RTA (4ºGP):
    • Xoves 19 ás 20 h
  • Banda e Orquestra:
    • Venres 20 ás 17 h
  • Conxunto é Música de Cámara:
    • Venres 20 ás 18 h
  • Harmonía:
    • 3º: Luns 23 ás 18 h
    • 4º: Luns 23 ás 19h
  • Historia de la Música:
    • Luns 23 ás 19:30 h
  • Análise:
    • 5º e 6º Luns 23 ás 20 h
  • Piano Complementario:
    • Martes 24 ás 18 h

Publicado o xoves, 1 de agosto de 2013: