• ¡¡Bo verán!!



Escondido:

Benvida


Quero darvos a benvida a esta páxina web do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, que actuará como fiestra virtual ao mundo e punto de información global para toda a comunidade educativa deste centro.

Páxina que pretende trascender o meramente institucional, sen esquencelo, para convertirse asemade en reflexo do imprescindible dinamismo académico do centro, e da súa complexidade como centro formativo. 

Entre as súas seccións, poderedes atopar dende a súa organización interna ata ligazóns de interese vencelladas co día a día do Conservatorio, pasando por un memorándum actualizado das actividades programadas ou o acceso aos recursos académicos.

Esta páxina non é un proxecto pechado, antes ó contrario. É un punto de partida dun proxecto virtual dinámico e aberto: dinámico porque irémolo completando pouco a pouco, incluíndo novos contidos e mellorando e optimizando os que xa están dispoñibles; e aberto porque agardo que moitas das súas ampliacións e melloras se fagan a partires das suxestións que os diferentes membros da comunidade educativa se realicen.

Benvidos/as.


Mª Luz Hermida Lozano
Directora do CMUS Xoan Montes de Lugo