Escondido:

Publicado o martes, 1 de agosto de 2017:

Curso 2017-18: Horarios de setembro

Datas e horarios relevantes para o comezo do curso 2017/18:


Aspirantes a 1º GE en lista de espera: elección de especialidade

A elección de especialidade para os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en lista de espera no mes de xuño será o:

día 11 de setembro de 2017 
ás 18 horas
no auditorio do centro

Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.


Probas de acceso de setembro: Tribunais

Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2017 celebraranse as probas de acceso aos cursos:
  • de 2º a 4º de grao elemental
  • de 2º a 6º de grao profesional

Pódense ver os tribunais no seguinte enlace:

O día 8 de setembro de 2017 publicaranse as notas das probas de acceso.

Toda a información relevante das mesmas publícase no enlace que hai na columna dereita de esta web.


Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2017/18, os días 4, 5 e 6 de setembro de 2017.

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Exames de setembro: datas, horarios e aulas


Convocatoria de Setembro do curso 2016-17 para alumnos oficiais con materias pendentes de xuño:



A entrega de notas será o día 5 de Setembro a partir das 18h na conserxería do centro.

O prazo de matrícula será os días 6 e 7 de setembro.