A documentación dos departamentos
(programacións ou mínimos esixibles) para o
curso 2017-18 está dispoñible a través do
menú Alumnado > Documentación
nota: acordeón e gaita publicaranse próximamente.




Escondido:

Publicado o martes, 10 de xaneiro de 2017:

Beethoven e a súa Heroica en Lugo

O Conservatorio Profesional de Música de Xoán Montes de Lugo presenta a actividade: 




Dita actividade terá lugar durante os meses de xaneiro e febreiro no noso conservatorio. Abordaremos o estudo, coñecemento e disfrute da 3ª Sinfonía de Beethoven op. 55 en Mi bemol Maior, coñecida como "Eroica".

Esta é unha actividade na que pode participar todo o centro. 
  • Coñeceremos a sinfonía desde distintas ópticas: nas clases instrumentais, de análise, historia, orquesta, linguaxe, etc. 
  • Veremos unhas proxeccións sobre a obra e o autor no noso auditorio que serán de entrada libre para todo o mundo. 
  • A actividade tamén inclúe unha mostra de material bibliográfico de Beethoven na nosa biblioteca e unha exposición informativa no lucernario da primeira planta.


Toda a información referente a dita actividade está aloxada nunha web propia (Ir ao sitio web).