Publicado o mércores, 27 de xullo de 2016:

Probas de acceso de setembro: Tribunais

Os días 5, 6 e 7 de setembro celebraranse as probas de acceso a:
  • 2º, 3º, 4º de grao elemental
  • Todos os cursos de grao profesional

Pódense ver os tribunais no seguinte enlace:

O día 8 de setembro publicaranse as notas das probas de acceso.

Toda a información relevante das mesmas publícase no enlace que hai na columna dereita desta web.


Publicado o martes, 26 de xullo de 2016:

Matrícula curso 2016-17

Horarios de setembro



Exames de setembro

Convocatoria de Setembro do curso 2015-16 para alumnos oficiais:

Datas, horarios e aulas dos exames

A entrega de notas será o día 5 de Setembro a partir das 18h na conserxería do centro.
O prazo de matrícula será os días 6 e 7 de setembro.

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2016/17, os días 2, 5 e 6 de setembro de 2016.

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Elección de especialidade dos aspirantes a 1º GE en lista de espera

A elección de especialidade para os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en lista de espera no mes de xuño será o:

día 9 de setembro ás 18 horas
no auditorio do centro

Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.