Publicado o venres, 2 de decembro de 2016:

Gañadores do Concurso Intercentros Melómano

O alumno de saxofón do Conservatorio Xoan Montes de Lugo Alfonso Huerta obtén o primeiro posto na fase autonómica do Certamen Intercentros Melómano, onde ademáis tiveron unha moi boa actuación os outros participantes do centro.

Parabéns do Equipo Directivo do CMUS de Lugo: 

"Os nosos parabéns non só a Alfonso, Iria e Anxo polo seu traballo e esforzo, se non tamén a Marta Rodríguez, alumna non premiada que nos ofreceu unha fantástica actuación. Os nosos parabéns aos seus profesores e ás súas familias polo apoio e motivación adicados."