AVISOS:
* O curso de saxofón do 28-29 de abril foi cancelado.
* Solucionado o enlace da presentación dos Programas Europeos
do CMUS Xoán Montes.




Escondido:

Publicado o martes, 8 de novembro de 2016:

Faltas de asistencia

As faltas de asistencia dos alumnos son notificadas únicamente a través da plataforma CentrosNet.

Os alumnos, pais, nais e titores legais terán que acceder á mesma para supervisar a asistencia dos alumnos.

Toda a información está no documento Faltas de Asistencia e Puntualidade que está dispoñible na web e na Conserxería do centro.