Publicado o venres, 25 de novembro de 2016:

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

¿Por qué este Día Internacional?

Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/ SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.


No Conservatorio "Xoán Montes" temos un mural no primeiro andar para lembrar que seguimos necesitando un día 25 de novembro. 

Poñemos á túa disposición marcapáxinas, pulseiras e lazos alusivos a data. Recolle e loce o teu lazo ou pulseira solidarios para mostrar o teu compromiso contra a violencia de xénero e contra calquera tipo de violencia. 

Hoxe venres ás 18,00 regalaremos un pouco de música nos corredores do centro.