• Próximamente presentación da nova documentación para o curso 2017-18...



Escondido:

Publicado o domingo, 27 de novembro de 2016:

Publicado o venres, 25 de novembro de 2016:

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

¿Por qué este Día Internacional?

Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/ SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.


No Conservatorio "Xoán Montes" temos un mural no primeiro andar para lembrar que seguimos necesitando un día 25 de novembro. 

Poñemos á túa disposición marcapáxinas, pulseiras e lazos alusivos a data. Recolle e loce o teu lazo ou pulseira solidarios para mostrar o teu compromiso contra a violencia de xénero e contra calquera tipo de violencia. 

Hoxe venres ás 18,00 regalaremos un pouco de música nos corredores do centro.


Publicado o mércores, 23 de novembro de 2016:

XI Concurso de Solistas

3 de febreiro de 2017 celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:


Prazo de inscripción: dende o 24 de novembro ao 9 de decembro.


NOTA INFORMATIVA: Con data de 25 de novembro prodúcese unha modificación nas Bases do concurso, xa que faltaba por incluir a obra de saxofón. 

Publicado o martes, 15 de novembro de 2016:

Publicado o luns, 14 de novembro de 2016:

Publicado o domingo, 13 de novembro de 2016:

Renovación do Consello Escolar

O CMUS Xoán Montes de Lugo como centro educativo sostido con fondos públicos, atópase en periodo de renovación parcial dos membros dos distintos sectores do Consello Escolar.

A información sobre o calendario (presentación de candidaturas, datas de votacións, etc..) atópase publicitada nos taboleiros do centro para coñecemento de toda a comunidade educativa.



Publicado o venres, 11 de novembro de 2016:

VII Certame Creativo para Estudantes



Charla de 1º de Grao Elemental para pais e nais


Mércores 23 de novembro
19 horas - aula de orquestra


Un ano académico intenso...

O Equipo Directivo do CMUS Xoan Montes quere compartir con toda a comunidade educativa ás numerosas actividades que se celebrarán este ano no centro:



Publicado o martes, 8 de novembro de 2016:

Faltas de asistencia

As faltas de asistencia dos alumnos son notificadas únicamente a través da plataforma CentrosNet.

Os alumnos, pais, nais e titores legais terán que acceder á mesma para supervisar a asistencia dos alumnos.

Toda a información está no documento Faltas de Asistencia e Puntualidade que está dispoñible na web e na Conserxería do centro.



Acceso a CentrosNet

Os alumnos, pais, nais e titores legais poden ver as Cualificacións, Faltas de Asistencia, Horarios, etc... a través da plataforma CentrosNet.

Guía de Utilización de CentrosNet está dispoñible:

  • na Conserxería do Centro
  • na Biblioteca.
  • na páxina web do centro.

Aqueles que non dispoñan dun dispositivo con conexión a internet, poderán acceder dende os ordenadores dispoñibles na biblioteca.

Nota: O acceso todavía non está dispoñible dende sistemas Android.