AVISOS:
* O curso de saxofón do 28-29 de abril foi cancelado.
* Solucionado o enlace da presentación dos Programas Europeos
do CMUS Xoán Montes.




Escondido:

Publicado o luns, 30 de maio de 2016:

Curso de acordeón



NOTA: amplíase o prazo de inscripción 
ata o venres 3 de maio



Premios fin de grao curso 2015/16: inscripción

A inscrición para o premio fin de grao será o día 2 de xuño na secretaría do centro en horario de 8:30 a 14:30.

Poderán inscribirse os alumnos que terminaron 6º de grao profesional e cunha nota media de 8 en dito curso.

A publicación de admitidos será o día 6 de xuño

Solicitude de cambio de profesor

Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2016/17, do 13 ao 17 de xuño de 2016 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Concerto fin de curso e AECC

Este ano o Concerto de remate do curso, que terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 20h no Círculo das Artes faremolo en colaboura coa "Asociación Española Contra el Cáncer". 

Como Comunidade Educativa sentímonos moi safisfeitos de amosar a nosa solidariedade e apoio a unha asociación de longa traxectoria, adicación e loita contra esta enfermidade. Agradecemos a vosa asistencia e colaboura. 

Grazas.

O equipo directivo do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

Publicado o xoves, 26 de maio de 2016:

Concerto de Fahmi Alqhai, Viola da Gamba

Xoves, 28 de maio
Círculo das Artes - 19:30 h

Fahmi Alqhai, Viola da Gamba



Entrada libre ata completar a cabida


Publicado o mércores, 25 de maio de 2016:

Oferta provisional de prazas vacantes

Prazas vacantes provisionais para Grao Elemental e para Grao Profesional para o CURSO 2016/17:



Concerto fin de curso II


Concerto fin de curso I


Recitais de alumnos de 6º GP


O centro estará pechado o 3 de xuño

Por mor do Concerto de Fin de Curso, a celebrar no Círculo das Artes o vindeiro venres 3 de xuño de 2016, O CMUS Xoán Montes de Lugo permanecerá PECHADO DENDE ás 15 horas.

Remate das clases

O vindeiro Venres 3 de xuño de 2016, rematan as clases do curso 2015/16 no CMUS Xoán Montes de Lugo.

Publicado o martes, 24 de maio de 2016:

Proba de acceso a 1º GP de Óboe: data, hora e aula

A proba de acceso será o día 20 de xuño de 2016, ás 18 horas na aula: 2.1

O Secretario do tribunal, todavía está pendente de ser nomeado pola Xefatura Territorial de Cultura, Educación e O.U.


Próbate na Proba! 2016: Datas e Horarios

A proba será do 30 de maio ao 1 de xuño.

Publicado o luns, 23 de maio de 2016:

Concerto de Café Zimmermann & Damien Guillon

Xoves, 26 de maio
Círculo das Artes - 20:30 h

Damien Guillon, contratenor

Café Zimmermann
Céline Frisch & Pablo Valetti, dirección


Vivaldi: Stabat Mater & Nisi Dominus
  • Sinfonía en si menor “Al Santo Sepolcro” RV 169
  • Stabat Mater RV 621
  • Concerto para violonchelo RV 414
  • Concerto para cordas en Sol menor RV 155
  • Nisi Dominus RV 608


Entrada libre ata completar a cabida


Publicado o venres, 20 de maio de 2016:

Concerto de piano de Dina Yofee

Luns, 23 de maio
Círculo das Artes - 20:30 h 

Dina Yoffe, piano


Chopin  vs.  Scriabin
 24 Preludios

  • A. Scriabin (1872-1915) - 24 Preludios, op. 11
  • F. Chopin (1810-1849) - 24 Preludios, op. 28



Entrada libre ata completar a cabida


Publicado o xoves, 19 de maio de 2016:

Probas de Acceso a 1º GE e 1º GP: Tribunais




Concerto da Banda Filharmónica de Lugo

Sábado, 21 de maio
Círculo das Artes - 20:30 h    

Iván Martínez Sabio, dirección
Pablo Dopazo, bombardino
Alex Troya, saxofón



Entrada libre ata completar a cabida


Concerto do Quinteto Rubato

Venres, 20 de maio de 2016 ás 20:30 h 
MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

Avelino Ferreira López, óboe
Óscar González Estévez, clarinete
Adrián Silva Magdalena, frauta
David Novelle Fernández, fagot
Daniel Otero Carneiro, trompa


Programa:
  • Astor Piazolla: Libertango (arr. Jeff Scott)
  • Giulio Briccialdi: Quinteto de vento en re maior, op. 124
  • György Ligeti: Six Bagatelles for Woodwind Quintet
  • Fernando Morais: Xaxando no cerrado
  • Enrique Saavedra: Brincadeira (arr.: Andrés Álvarez)


Entrada libre ata completar a cabida


Publicado o xoves, 12 de maio de 2016:

Publicado o martes, 10 de maio de 2016:

Publicado o martes, 3 de maio de 2016:

¡Próbate na Proba 2016!

Un ano máis o Departamento de Linguaxe Musical fará un simulacro da proba de acceso ao primeiro curso de Grao Profesional para que os alumnos teñan unha idea dos aspectos que teñen que mellorar.

Máis información no boletín informativo

Prazo de Inscripción: do 9 ao 13 de Maio (ambos os dous incluidos)

(tamén dispoñible na conserxería.
Cubrir e entregar na propia conserxería)

Soamente para persoas inscritas na proba de acceso ao 1º curso do Grao Profesional e alumnos/as matriculados/as no Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo.

XLIV Semana de Música do Corpus de Lugo





Publicado o domingo, 1 de maio de 2016:

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Venres, 6 de maio de 2016
20:30 h Círculo das Artes


James Dahlgren, director
Javier Simó, Ramón Llátser e Diego Aragón, trompetas

Programa:
  • C.P.E. Bach: Marcha para tres trompetas 
  •  F. Mendelssohn: Sinfonía nº 2 para cordas en Re M
  •  P. Franceschini: Sonata en Re
  •  Britten: Fanfarria para St. Edmundsbury
  •  E. Grieg: Suite Holberg, op. 40
  •  E. Grieg: 2 melodías, op. 53



Gratuito para os alumnos do CMUS
presentando o carnet do centro