Escondido:

Publicado o martes, 20 de decembro de 2016:

Aviso: Concerto da banda infantil -CANCELADO-

O Concerto da Banda Infantil que se ía celebrar este mércores día 21 de decembro cancélase debido a un inconveniente de última hora.

O concerto celebrarase o vindeiro mes de xaneiro.

Publicado o luns, 19 de decembro de 2016:

Concerto de Ana María Valderrama (violín) e Luis del Valle (piano)

Mércores, 21 de decembro de 2016
20:00 h.   Círculo das Artes

Ana María Valderrama, violín
(A única ganadora española do Premio Sarasate)
 Luis del Valle, piano

    Obras de Schumann, Saint-Saëns, Sarasate, Dubois e Chopin 

    Publicado o venres, 16 de decembro de 2016:

    Publicado o xoves, 15 de decembro de 2016:

    Concerto da Banda Filarmónica de Lugo

    Domingo, 18 de decembro de 2016      
    20:00 h.   Círculo das Artes

    BANDA FILARMÓNICA DE LUGO
     Iván Martínez Sabio, director


    • José Alberto Pina (n. 1984) - O Triángulo das Bermudas (2009)
    • Thomas Doss (n. 1966) - Messengers of Light (2009)
    • Franco Cesarini (n. 1961) - Greek Folk Song Suite, Op. 25 (2002) 

    Publicado o martes, 13 de decembro de 2016:

    Concerto didáctico no Clube Fluvial de Lugo

    O vindeiro sábado 17 de decembro ás 12:30 horas, haberá un concerto didáctico para os nenos e non tan nenos a cargo do grupo Zoar ensemble.



    https://www.youtube.com/user/zoarensemble


    Publicado o mércores, 7 de decembro de 2016:

    2º premio de Marta Rodríguez Otero no V Concurso Cidade de Vigo


    Marta Rodríguez Otero, alumna do 6º curso do Grao Profesional de Viola, obtivo o pasado o segundo premio (categoría C) no 5º Concurso Cidade de Vigo, de violín, viola e violonchelo. 

    ¡¡As nosas felicitacións a ela e a todo o seu equipo de profesores!!

    Publicado o venres, 2 de decembro de 2016:

    Gañadores do Concurso Intercentros Melómano

    O alumno de saxofón do Conservatorio Xoan Montes de Lugo Alfonso Huerta obtén o primeiro posto na fase autonómica do Certamen Intercentros Melómano, onde ademáis tiveron unha moi boa actuación os outros participantes do centro.

    Parabéns do Equipo Directivo do CMUS de Lugo: 

    "Os nosos parabéns non só a Alfonso, Iria e Anxo polo seu traballo e esforzo, se non tamén a Marta Rodríguez, alumna non premiada que nos ofreceu unha fantástica actuación. Os nosos parabéns aos seus profesores e ás súas familias polo apoio e motivación adicados."




    Publicado o domingo, 27 de novembro de 2016:

    Publicado o venres, 25 de novembro de 2016:

    Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

    ¿Por qué este Día Internacional?

    Debido a que:

    • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
    • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
    • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/ SIDA e a paz e a seguridade
    • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
    • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.


    No Conservatorio "Xoán Montes" temos un mural no primeiro andar para lembrar que seguimos necesitando un día 25 de novembro. 

    Poñemos á túa disposición marcapáxinas, pulseiras e lazos alusivos a data. Recolle e loce o teu lazo ou pulseira solidarios para mostrar o teu compromiso contra a violencia de xénero e contra calquera tipo de violencia. 

    Hoxe venres ás 18,00 regalaremos un pouco de música nos corredores do centro.


    Publicado o mércores, 23 de novembro de 2016:

    XI Concurso de Solistas

    3 de febreiro de 2017 celebrarase unha nova edición do Concurso de Solistas  do CMUS para a Orquestra de Corda e a Banda:


    Prazo de inscripción: dende o 24 de novembro ao 9 de decembro.


    NOTA INFORMATIVA: Con data de 25 de novembro prodúcese unha modificación nas Bases do concurso, xa que faltaba por incluir a obra de saxofón. 

    Publicado o martes, 15 de novembro de 2016:

    Publicado o luns, 14 de novembro de 2016:

    Publicado o domingo, 13 de novembro de 2016:

    Renovación do Consello Escolar

    O CMUS Xoán Montes de Lugo como centro educativo sostido con fondos públicos, atópase en periodo de renovación parcial dos membros dos distintos sectores do Consello Escolar.

    A información sobre o calendario (presentación de candidaturas, datas de votacións, etc..) atópase publicitada nos taboleiros do centro para coñecemento de toda a comunidade educativa.



    Publicado o venres, 11 de novembro de 2016:

    VII Certame Creativo para Estudantes



    Charla de 1º de Grao Elemental para pais e nais


    Mércores 23 de novembro
    19 horas - aula de orquestra


    Un ano académico intenso...

    O Equipo Directivo do CMUS Xoan Montes quere compartir con toda a comunidade educativa ás numerosas actividades que se celebrarán este ano no centro:



    Publicado o martes, 8 de novembro de 2016:

    Faltas de asistencia

    As faltas de asistencia dos alumnos son notificadas únicamente a través da plataforma CentrosNet.

    Os alumnos, pais, nais e titores legais terán que acceder á mesma para supervisar a asistencia dos alumnos.

    Toda a información está no documento Faltas de Asistencia e Puntualidade que está dispoñible na web e na Conserxería do centro.



    Acceso a CentrosNet

    Os alumnos, pais, nais e titores legais poden ver as Cualificacións, Faltas de Asistencia, Horarios, etc... a través da plataforma CentrosNet.

    Guía de Utilización de CentrosNet está dispoñible:

    • na Conserxería do Centro
    • na Biblioteca.
    • na páxina web do centro.

    Aqueles que non dispoñan dun dispositivo con conexión a internet, poderán acceder dende os ordenadores dispoñibles na biblioteca.

    Nota: O acceso todavía non está dispoñible dende sistemas Android.

    Publicado o domingo, 30 de outubro de 2016:

    Publicado o xoves, 20 de outubro de 2016:

    Orquestra Sinfónica de Madrid: Proxecto Talentos

    A Orquestra Sinfónica de Madrid está levando a cabo o proxecto de Talentos musicais a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), coa colaboración do Teatro Real.

    Os alumnos/as interesados en concursar deberán comunicalo á dirección do centro.
    A comisión de selección celebrarase o vindeiro xoves 3 de novembro de 2016 no Auditorio do Conservatorio (comunicarase a hora de inicio coa debida antelación).




    datas: 
    • Envío de audicións dos nominados á OSM: 
      • do 15-09-2016 ao 17-11-2016.
    • Comunicación dos resultados aos interesados e a seus respectivos Centros: 
      • antes do 13-01-2017.





    Publicado o luns, 10 de outubro de 2016:

    15ª edición do Certamen Intercentros


    Recentemente foi convocada a 15ª edición do Certamen Intercentros para xóvenes intérpretes. 

    No devandito certamen poden concursar aqueles alumnos que estén cursando algún dos cursos de grao profesional en calquer conservatorio de España. 

    En primeiro lugar se celebra unha fase autonómica e posteriormente os gañadores de cada comunidade concursan nunha fase nacional.

    Este ano a fase autonómica galega terá lugar no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o vindeiro 26 de noviembre.


    O prazo de inscripción remata o 4 de novembro



    Publicado o venres, 23 de setembro de 2016:

    Elección de horarios da especialidade instrumental: aulas


    A elección de horarios será o vindeiro luns 26 e martes 27 de setembro ás 18 horas. (*)

    Ver asignación de aulas

    (*) N.R.: Pedimos disculpas polas molestias ocasioadas ao poñer so o luns 26, cando eran os dous días. Grazas pola sua comprensión.


    Horarios pendentes de Música de Cámara e Conxunto

    Listaxe dos horarios adxudicados aos alumnos que non asistiron á reunión de elección de horarios nas materias de Música de Cámara e Conxunto:


    Publicado o martes, 20 de setembro de 2016:

    Departamento de Composición: Elección de horarios


    Elección de horarios e grupos para ás materias do Departamento de Composición no curso 2016/17:

    Instrumento e Piano Complementario: Elección de Horarios

    Asignación de aulas para a elección de horarios nas especialidades instrumentais e piano complementario:

    Departamento de Tecla: Adxudicacións e cambios de profesor

    PIANO:

    PIANO COMPLEMENTARIO:



    Horarios do Departamento de Conxunto




    Recórdase que a elección de horarios de Conxunto e Música de Cámara será o:

    Mércores día 21 de setembro ás 18:00 h
    No auditorio do centro


    Horarios adxudicados de Repentización e Acompañamento (Especialidade Piano)



    Publicado o sábado, 17 de setembro de 2016:

    Adxudicación de novos alumnos de Vento Madeira

    A asignación de Profesorado para os novos alumnos para o curso 2016/17 queda así:



    Publicado o venres, 16 de setembro de 2016:

    Guía do alumnado 2016-17

    Para todos aqueles alumnos/as de nova incorporación ao CMUS Xoán Montes de Lugo

    Departamento de Tecla: Adxudicacións e cambios de profesor

    PIANO:

    PIANO COMPLEMENTARIO:



    Horarios provisionais dos grupos de Linguaxe Musical





    PRAZO PARA SOLICITAR CAMBIO DE GRUPO:

    Venres 16, luns 19 e Martes 20 ata as 14:00

    Nota importante:

    1. Non se aceptarán cambios de grupo soamente nunha das dúas materias.

    2. É posible realizar permutas entre dous alumnos. A solicitude da permuta deberá facerse no mesmo prazo e forma que a solicitude de cambio.

    3. Soamente se terá en conta para aceptar o cambio: horario escolar, horario laboral dos pais ou circunstancias familiares extraordinarias achegando o xustificante pertinente.


    PRAZO PARA SOLICITAR A ASISTENCIA COMO OÍNTE (4º de grao elemental):

    Venres 16, luns 19 e Martes 20 ata as 14:00

    Para formalizar a solicitude hai que cubrir o formulario de solicitude de ointe a 4º GE e entregalo na conserxería do centro.


    Publicado o venres, 9 de setembro de 2016:

    Proba de Acceso a 1º GE: Aspirantes con praza en setembro

    Relación de Aspirantes que obtiveron praza no mes de setembro:


    O prazo de matrícula é o 12 e 13 de setembro.


    Becas do Ministerio de Educación 2016/17

    O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou recentemente as becas para o vindeiro curso 2016/17 destinadas a alumnos que cursen estudos postobrigatorios.


    No referente á música, poden solicitar estas becas os alumnos de conservatorio que cursen Grao Profesional ou Superior. Tamén se poden solicitar becas, para outros estudos, como por exemplo Bacharelato.

    Os detalles sobre requisitos, prazos de solicitude e demais información os podedes ler na propia Convocatoria.

    O prazo está aberto e termina o 3 de outubro de 2016



    Nota: Agradecemos á Orquestra de Frautas de Galicia por facilitarnos a información.
    Máis información sobre Becas nos enlaces que hai nesta páxina no menú Secretaría>Becas e axudas.


    Probas de Acceso: Listaxes de prazas

    Listaxes:

    • Alumnos que realizaron a proba de acceso de setembro de 2016 (alumnos con e sen praza).
    • Alumnos que solicitaron praza dende outros conservatorios (alumnos con e sen praza)




    Publicado o mércores, 27 de xullo de 2016:

    Probas de acceso de setembro: Tribunais

    Os días 5, 6 e 7 de setembro celebraranse as probas de acceso a:
    • 2º, 3º, 4º de grao elemental
    • Todos os cursos de grao profesional

    Pódense ver os tribunais no seguinte enlace:

    O día 8 de setembro publicaranse as notas das probas de acceso.

    Toda a información relevante das mesmas publícase no enlace que hai na columna dereita desta web.


    Publicado o martes, 26 de xullo de 2016:

    Matrícula curso 2016-17

    Horarios de setembro



    Exames de setembro

    Convocatoria de Setembro do curso 2015-16 para alumnos oficiais:

    Datas, horarios e aulas dos exames

    A entrega de notas será o día 5 de Setembro a partir das 18h na conserxería do centro.
    O prazo de matrícula será os días 6 e 7 de setembro.

    Solicitude de cambio de profesor

    Ábrese novo prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2016/17, os días 2, 5 e 6 de setembro de 2016.

    Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violonchelo, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.


    A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


    Elección de especialidade dos aspirantes a 1º GE en lista de espera

    A elección de especialidade para os aspirantes a 1º de Grao Elemental que quedaron en lista de espera no mes de xuño será o:

    día 9 de setembro ás 18 horas
    no auditorio do centro

    Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.


    Publicado o xoves, 30 de xuño de 2016:

    Proba de Acceso a 1°GE: Listaxes 2° volta


    Listaxes da elección en segunda volta das probas de acceso a 1º de grao elemental para o curso 2016/17:


    Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.

    Publicado o xoves, 23 de xuño de 2016:

    Proba de acceso a 1º GE: Listaxes


    Listaxes dos resultados das probas de acceso a 1º de grao elemental para o curso 2016/17:

    Os aspirantes do listaxe B deberán presentarse o martes, 28 de xuño de 2016 ás 18 horas no auditorio, para a adxudicación de prazas vacantes en 2ª volta. 

    É moi importante que acudan a esa reunión.

    Máis información das probas no enlace da dereita da páxina.

    Publicado o xoves, 16 de xuño de 2016:

    Premios fin de grao: galardoados

    Os seguintes alumnos obtiveron o Premio fin de grao no presente curso 2016/17:

    • Diego Basadre Cabanas (especialidade de saxofón)
    • Marcos Castedo De la Fuente (especialidade de clarinete)
    • Ana Huerta Fernández (especialidade de piano)
    • Andrea Vilar López (especialidade de piano)





    Publicado o mércores, 15 de xuño de 2016:

    Probas de Acceso de setembro: inscripción

    Prazo de inscripción para as probas de acceso de:
    • 2º a 4º de Grao Elemental
    • 2º a 6º de Grao Profesional

    do 15 de xuño ata o 18 de xullo de 2016
    nota: son válidos ambos os dous días inclusive.

    Toda a información relevante das mesmas publícase no enlace que hai na columna dereita desta web.


    Publicado o martes, 14 de xuño de 2016: