• ¡¡Bo verán!!



Escondido:

Publicado o luns, 24 de novembro de 2014:

Ciclo Tríos de Beethoven

CONCERTO 1

Martes, 25 de novembro 2014
20:00 h
CASA DO SABER
Entrada gratuíta ata completar aforo

  • Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Trío para piano, violín e violonchelo en Re Maior op.70 núm.1
  • Ernest Bloch (1880-1959):
Tres Nocturnos para piano-trío
  • Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Trío para piano, violín e violonchelo en Mi bemol Maior op.70 núm.2


TRÍO CASSADÓ:

YULIA PETRUSHEVSKAYA
violín THOMAS PIEL
violonchelo JAVIER VILA, piano


Publicado o domingo, 23 de novembro de 2014:

Publicado o xoves, 20 de novembro de 2014:

Concerto de Miki Nervio & The Bluesmakers

O afamado grupo de blues Miki Nervio & The Bluesmakers ofrecerá mañá, venres 21 de novembro, ás 20:00 h, un concerto no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros (recentemente remodelado). 

O concerto é de entrada gratuita.



Publicado o mércores, 19 de novembro de 2014:

Conmemoración Festividade de Santa Icía e do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


MARTES DÍA 25 AS 20,00 h
Auditorio do CMUS “Xoán Montes”

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (DIEVCM) foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999. 

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar ás irmás Mirabal (Patricia, Minerva e Mª Teresa), tres activistas políticas dominicanas asasinadas en 1960. 

O EDLG súmase aos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha axenda de actividades. Este ano, o EDLG adhírese á campaña internacional de Nacións Unidas ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres e invita a comunidade escolar a participar nas actividades e actos que se van levar a cabo. ÚNETE! 


PROGRAMA
  • Charla coloquio co compositor D. Fernando Buide Del Real.
  • Estrea absoluta da versión de cámara da obra TROPOS, dirixida polo compositor.
  • Acto académico na honra de Sta Icía.
  • Entrega das matrículas de honra do curso pasado.
  • Entrega dos diplomas os gañadores do IV Concurso Creativo.
  • Concerto de profesores.
  • Concerto de alumnos.

Publicado o mércores, 12 de novembro de 2014:

Publicado o luns, 10 de novembro de 2014:

Curso de canto de Elisabet Filgueira


Curso organizado polo Departamento de Canto do CMUS

Datas do Curso: 28-29 de Novembro

Máis información e para apuntarse no:

Publicado o sábado, 8 de novembro de 2014:

Publicado o xoves, 6 de novembro de 2014:

Exposición de saxofóns

A exposición estará hasta mañá venres e consta de varios tipos de saxofóns, dende o soprano ata o baixo.

Hai un de 1902 afinado en fa, unha tonalidade que non se usa,  un soprano curvo e un de cobre como máis diferenciados.


Os instrumentos están na primeira planta en fronte das aulas.