• ¡¡Bo verán!!



Escondido:

Publicado o mércores, 25 de xuño de 2014:

Proba de Acceso a 1º GE: Adxudicacións 2ª volta

Listaxes das adxudicacións da 2ª volta das Probas de Acceso a 1º de Grao Elemental:
  • Relación de aspirantes con praza na 2ª volta: Listaxe 1
  • Relación de aspirantes en lista de espera que cambiaron de especialidade na 2ª volta: Listaxe 2
  • Relación de aspirantes en lista de espera pola especialidade inicialmente solicitada: Listaxe 3
  • Relación de aspirantes que non asistiron á reunión do día 24 de xuño de 2014, e quedan en lista de espera para poder optar a unha praza na 3ª volta a celebrar no mes de setembro (comunicarase día e hora coa debida antelación): Listaxe 4

Publicado o mércores, 18 de xuño de 2014:

Puntuacións Proba de Acceso 1º GE

Listaxes das probas de acceso a 1º de Grao Elemental:
  • Relación de aspirantes con praza nas distintas especialidades: Listaxe A
  • Relación de aspirantes que non obtiveron praza na especialidade solicitada: Listaxe B
    • Relación de Prazas Vacantes que se ofertarán en 2ª volta o 24 de xuñoListaxe B2
  • Relación de aspirantes que non superaron a proba: Listaxe C
  • Relación de aspirantes que non se presentaron: Listaxe D

Publicado o mércores, 11 de xuño de 2014:

Encontro Coral en Ferrol

Este Venres 13 de xuño celebrarase en Ferrol un "Encontro Coral" que contará coa participación do Coro Infantil do CMUS.


Publicado o martes, 10 de xuño de 2014:

Fotos do Concerto de Fin de Curso


Horarios da Proba de Acceso a 1º de GE

A Proba de Acceso a 1º Grao Elemental será os días 16 e 17 de xuño na Aula 1.14



Publicado o domingo, 8 de xuño de 2014:

Publicado o sábado, 7 de xuño de 2014:

Fotos do Coro Infantil en Celanova


VI Curso Internacional de Música Ciudad de León

Do 24 ao 31 de Xullo, destinado a todos os niveis das especialidades ofertadas. Toda a información na:

Publicado o venres, 6 de xuño de 2014:

Concerto de Marcos Mariño (Saxo) e Susana García (piano)

MARCOS MARIÑO VÁZQUEZ, saxofón

SUSANA GARCÍA REGADÍO, piano


Obras de Benedetto Marcello
Robert Schumann
Franz Schubert


MÉRCORES, 11 DE XUÑO
20:00 h. Casa do saber

ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO

Publicado o xoves, 5 de xuño de 2014:

Publicado o mércores, 4 de xuño de 2014:

Entrega de Notas Fináis

A entrega de Notas será o día Xoves 12 de Xuño ás 18 h

Solicitude de Cambio de Profesor

O prazo para solicitar cambio de profesor cara ao vindeiro curso 2014/15 e do 16 ao 20 de Xuño de 2014 (ambos os dous inclusive).

Tan so é posible nas seguintes materias: Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Piano Complementario, Saxofón, Viola, Violín, Violoncello, Análise, Harmonía e Linguaxe Musical.

A solicitude deberá formalizarse na Secretaría do Centro e deberá especificarse o profesor/a có que se desexe cursar estudos o próximo curso.


Publicado o martes, 3 de xuño de 2014:

Coro Infantil: No bico un cantar


O Coro infantil do CMUS participará o vindeiro venres 6 de xuño en Celanova, nun proxecto organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Educación: No bico un cantar - Os Nenas e nenos galegos cantan a Curros Enríquez 



Publicado o luns, 2 de xuño de 2014:

O día 6 de Xuño Rematan as Clases

O vindeiro Venres 6 de xuño de 2014, rematan as clases do curso 2013/14 no CMUS Xoán Montes de Lugo.

O Centro estará Pechado o 5 de Xuño


Por mor do Concerto de Fin de Curso, a celebrar no Círculo das Artes o vindeiro xoves 5 de xuño, O CMUS Xoán Montes de Lugo permanecerá PECHADO DENDE ás 15 horas.