AVISOS:
* O curso de saxofón do 28-29 de abril foi cancelado.
* Solucionado o enlace da presentación dos Programas Europeos
do CMUS Xoán Montes.




Escondido:

Publicado o mércores, 30 de abril de 2014:

¡Próbate na proba!

Un ano máis o Departamento de Linguaxe Musical fará un simulacro da proba de acceso ao primeiro curso de Grao Profesional para que os alumnos teñan unha idea dos aspectos que teñen que mellorar.

Máis información no boletín informativo

Prazo de Inscripción: Do 5 ao 9 de Maio (ambos os dous incluidos)

(cubrir e entregar na conserxería)

(Soamente para persoas inscritas na proba de acceso ao 1º curso do Grao Profesional e alumnos/as matriculados/as no Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo.

Concerto Orquestra do CMUS de Pontevedra


Publicado o xoves, 24 de abril de 2014:

Publicado o mércores, 23 de abril de 2014:

Publicado o martes, 15 de abril de 2014:

Publicado o venres, 11 de abril de 2014:

Carta de agradecemento


O Equipo Directivo de este centro quere agradecer a toda a comunidade educativa o grato desenvolvemento dás Xornadas de Xoán Montes.

Publicado o mércores, 9 de abril de 2014:

II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI

Organizado polo Concello de Lugo e o MIHL, entre o 11 de abril e o 22 de maio celebrarase o II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI que ofertará concertos como o ano pasado pero amplia ademáis as actividades con obradoiros e exposicións.

Colaboran na súa programación os profesores do CMUS Diego Ventoso (percusión) e Ignacio Martínez (Piano), o CDAN de Lugo e a Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón.


Concerto de Canto e Piano





Publicado o luns, 7 de abril de 2014:

Publicado o domingo, 6 de abril de 2014:

Curso de Interpretación de Repertorio Vocal (2)


Segundo encontro do curso organizado polo Departamento de Canto do CMUS e impartido por Jesús López Blanco. 

Datas do Curso: 11-12 de Abril

Máis información e para apuntarse no:

Publicado o martes, 1 de abril de 2014:

Concerto da Filarmónica de Lugo: Tempest Trío

Xoves 3 de Abril - Círculo das Artes

ILYA KALER, violín
AMIT PELED, violoncello
ALON GOLDSTEIN, piano 

t
Tempest Trio
O Tempest é un dos tríos máis prestixiosos do panorama musical mundial. Foron comparados co lendario trío do "Millón de dólares" formado polo pianista Arthur Rubinstein, o violinista Jascha Heifetz e o chelista Gregor Piatigorsky na década de 1940. "Eu cría que era unha esaxeración ata que os escoitei" (Reading Eagle).

Tres apuntes:  Ilya Kaler é o único violinista que gañou as tres competicións máis prestixiosas: a International Tchaikovsky Competition (1986), o Sibelius (1985) e o Paganini (1981). Amit Peled tivo a honra de recibir no ano 2012 o famoso violoncelo Goffriller que pertenceu ao lendario Pau Casals. Alon Goldstein foi o pianista elixido polo Tokyo String Quartet para a súa xira de despedida por EE.UU. no 2013...
   
 

L.v. Beethoven - Piano Trio nº 4 en Si bemol Maior, Op. 11

L. Bernstein - Piano Trio

A. Dvorak - Piano Trio n º 3 en Fa menor, Op. 65


A entrada é gratuita para os alumnos do centro
(presentando o carnet do Conservatorio)