• Próximamente presentación da nova documentación para o curso 2017-18...



Escondido:

Publicado o venres, 28 de febreiro de 2014:

Quinteto de vento "Rubato"


Concerto no Auditorio do Conservatorio
24 de marzo ás 19 h


Publicado o mércores, 26 de febreiro de 2014:

Publicado o sábado, 22 de febreiro de 2014:

Curso de Práctica Orquestral


Celebrarase os días 21 e 22 de marzo, a cargo de Rubén Gimeno, director titular da Orquestra Sinfónica do Vallès. 

O curso vai dirixido para alumnos/as de grao profesional de corda friccionada.

Publicado o martes, 11 de febreiro de 2014:

Gañadores do Concurso de Solistas


APARTADO DE  BANDA:

Gañador: Manuel Doel Carreira, alumno do 4º curso do grao profesional da especialidade de saxofón

APARTADO DE ORQUESTRA  DE CORDA:

Gañadoras: Ana Huerta Fernández e Andrea Vilar López, alumnas do 4º curso do grao profesional da especialidade de piano.

Mención especial neste apartado a Antía Fernández Verdeal alumna do 5º curso do grao profesional da especialidade de violín.


Publicado o luns, 10 de febreiro de 2014:

6 e 7 de marzo días non lectivos

O Calendario Escolar 2013/14 publicado pola Consellería de Educación, sinala os días 3, 4 e 5 de Marzo como as Vacacións de Entroido.

Asemade os días 6 e 7 de marzo tampouco haberá clase por ser elexidos como días non lectivos polo centro.

Polo tanto non haberá clase en toda esa semana. As clases reanudaránse o luns día 10 de Marzo.

Non obstante o centro permanecerá aberto nas dependencias administrativas toda esa semana de 9 a 14 horas, exceptuando o martes 4 que estará pechado.

Publicado o xoves, 6 de febreiro de 2014:

Cuarteto de clarinete e cordas Scherzando

O Departamento de Vento Madeira organiza unha actividade extraescolar para asistir ao concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo o Luns 17 de febreiro ás 20:30 a cargo do Cuarteto de clarinete e cordas Scherzando.


(a entrada e gratuita para os alumnos do centro)


W.A. Mozart - Cuarteto nº 1, Op. 79 kv.317d

F. Schubert - Trío para cordas en Si b M, nº 1, D.471

B. Crusell - Cuarteto nº 1, Op. 2 en Mi b M



 Image

Marta Sancho Andrés, clarinete
Marta Vélez Pérez, violín
David López López, viola
Álvaro Quintanilla Marful, violoncello