* ¡¡AVISO IMPORTANTE!!: Por razóns alleas ao centro, todas as reunións, eleccións de horarios e publicación de datas programadas no anterior calendario de setembro quedan modificadas.
Desculpen as molestias.


Aviso: As Normas de Organización e Funcionamento, o Proxecto Educativo e o Plan de Convivencia están en proceso de actualización e serán publicados a partir do 1 de outubro.

Calquera dúbida pode ser consultada na guía de alumnado ou coa Directiva do centro.


Escondido:
Escondido:

Publicado o martes, 19 de novembro de 2013:

Concurso Creativo "Xoán Montes"



O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo convoca un concurso creativo, sobre a figura do músico lucense Xoán Montes Capón. 

Os traballos participantes amosarán unha semblanza da súa vida e obra e a súa contribución ao mundo da música baixo dúas modalidades: Relato e Banda Deseñada


Plantilla para inscribirse no concurso

A participación está limitada a alumnos matriculados no centro no presente curso 2013-14

Calquera dúbida remitidea a ticcmuslugo@gmail.com


Publicado o martes, 12 de novembro de 2013:

IV Certame Creativo Estudantes

O Departamento de Composición de este centro convoca unha nova edición de este certame coa finalidade de estimular e difundir as manifestacións creativas do alumnado a través da composición musical.

Poden participar alumnos/as de calquera especialidade que estean matriculados no centro no presente curso.

A data límite para a presentación das obras é o 24 de febreiro.